Actualidade

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, presentou está mañá, no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, a programación da que será a quinta edición das Prebadaladas de fin de ano o próximo 31 de decembro, a partir das 11.30 horas da mañá. Unha actividade que se enmarca dentro da programación das festas de Nadal e que estará presentada pola cantante e artista Fátima Pego. Nesta ocasión contarase coa actuación do grupo galego The Crooners e dos gañadores/as do concurso Baila con Ames 2025. Como xa vén sucedendo en edicións anteriores, haberá cotillón, arandos, lambetadas e mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva e intérprete de lingua de signos. Ás Prebadaladas deste ano súmanse novas iniciativas como o Tardeo da praza do Concello e maila Festa de Fin de Ano, que se vai celebrar no pavillón municipal de Bertamiráns, e para a que xa se venderon 800 entradas. As Prebadaladas deste ano contarán co apoio de Mahou, Feiraco, Asador Vacavella e a froitería Tómate más Fruta.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, retoma o programa de incentivos a través de tarxetas bono, co obxectivo de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local. A edición deste ano de “Bonos Consuma” busca impulsar o consumo local e servir de axuda tanto aos veciños como aos comerciantes durante as festas de Nadal. Os establecementos comerciais e hostaleiros que estean interesados en adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.bonosconsuma.gal ata o 15 de decembro. Os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026. Na actualidade hai un total de 94 establecementos comerciais adheridos a dita campaña.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu hoxe o acto de entrega de premios aos establecementos gañadores da segunda edición do concurso de decoración de Samaín. En total repartíronse 2.000 euros entre os gañadores/as. O primeiro premio de 1.000 euros foi para a librería Leria, o segundo premio de 600 euros recaeu en Dolci e Bambini; e o terceiro premio de 400 euros foi para Labralia. Nesta edición participaron 12 establecementos (11 de Bertamiráns e 1 do Milladoiro). A través deste concurso trátase de fomentar o comercio local de Ames nunha das noites de maior consumo de todo o ano xunto coa de fin de ano. A decoración tivo que estar exposta como mínimo dende o luns 27 de outubro ata o domingo 2 de novembro.

Dende hoxe comeza oficialmente a época de Nadal no concello de Ames tralo tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Jesús, do bar Rufino da Ponte Nova (Agrón); Lola, de Mercería Marlo de Bertamiráns; e Carlos, de Papelería e Administración de lotería Boo do Milladoiro, foron os encargados de premer o botón de acendido do alumeado. O acto estivo presentado polos artistas e veciños de Ames, Marta Alonso e Pablo Reboleiro. Ao longo do evento contouse coa actuación de arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música e dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán. Ademais, houbo unha degustación gratuíta de chocolate con churros. A churrería Jorge repartiu 900 churros e 150 litros de chocolate entre a veciñanza amesá.

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Xestión do Medio Natural, vén de presentar unha nova edición dos seus tradicionais concursos de decoración de Nadal destinados á veciñanza e aos comerciantes locais. Estas iniciativas, consolidadas xa como un dos clásicos do Nadal amesán, busca a colaboración de toda a veciñanza na decoración do concello durante estas festas. Deste xeito, comercios e particulares decorarán establecementos, vivendas, xardíns, fiestras ou balcóns coa temática de Nadal. En total repartiranse 6.000 euros en premios: 4.000 destinados ao concurso de escaparates e 2.000 ao de decoración veciñal. O prazo de inscrición estará aberto do 5 ao 12 de decembro. Ao pé desta nova podes consultar as bases dos concursos e descargar os impresos de solicitude editables.

Mañá xoves, 4 de decembro, a partir das 17.45 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns, está previsto que se celebre o tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Actuarán arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música e membros dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán. Ademais, haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. A churrería Jorge repartirá 900 churros entre a veciñanza amesá. Jesús, do bar Rufino da Ponte Nova (Agrón); Lola, de Mercería Marlo de Bertamiráns; e Carlos, de Papelería e Administración de lotería Boo do Milladoiro, serán os encargados de premer o botón de acendido do alumeado de Nadal. Repartiranse mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva.

A Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición do concurso “Ilumina o teu sorriso”, organizado un ano máis pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames. Esta iniciativa xorde co propósito de fomentar e promover o comercio local en Ames. As persoas interesadas en participar no concurso de fotografía deberán realizar dúas fotos nas localizacións con decoración de Nadal en Ames: as prazas do Concello e a Maía en Bertamiráns, ou a praza da Madalena e o aparcamento do Supercor no Milladoiro. Este ano súmase a novidade do Premio Especial XEA, que consistirá en retratar un escaparate con decoración de Nadal asociado a XEA e estará dotado dun vale de 300 euros para gastar en dito establecemento. Os demais premios son un vale de 250€, outro de 150€ ou un de 100€ para gastar nos comercios asociados á XEA.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, retoma o programa de incentivos a través de tarxetas bono, co obxectivo de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local. A edición deste ano de “Bonos Consuma” busca impulsar o consumo local e servir de axuda tanto aos veciños como aos comerciantes durante as festas de Nadal. Os establecementos comerciais e hostaleiros que estean interesados en adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.bonosconsuma.gal dende hoxe ata o 15 de decembro. Os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026. Nas catro edicións anteriores xerouse un volume de negocio de 1.062.465 euros.

O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial Novo Milladoiro, programou para o mes de decembro tres actividades de aprendizaxe nas que haberá presenza de profesionais de éxito co obxectivo de formar a autónomos e empresas e crear un ambiente de networking no que os emprendedores poidan establecer sinerxías e estreitar relacións sectoriais. Todas as actividades se desenvolverán no Espazo colaborativo A Proa. A entrada para todas as actividades é libre e gratuíta. As inscricións poden facerse na páxina web de A Proa.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, retoma o programa de incentivos a través de tarxetas bono, co obxectivo de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local. A edición deste ano de Bonos Consuma busca impulsar o consumo local e servir de axuda tanto aos veciños como aos comerciantes durante as festas de Nadal. Os establecementos comerciais e hostaleiros que estean interesados en adherirse ao programa deberán rexistrarse na web www.bonosconsuma.gal entre o 1 e o 15 de decembro, ambos incluídos. Os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026.
- ‹ anterior
- 7 de 67
- seguinte ›




