- Tematica
Mañá xoves, 4 de decembro, a partir das 17.45 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns, está previsto que se celebre o tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Actuarán arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música e membros dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán. Ademais, haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. A churrería Jorge repartirá 900 churros entre a veciñanza amesá. Jesús, do bar Rufino da Ponte Nova (Agrón); Lola, de Mercería Marlo de Bertamiráns; e Carlos, de Papelería e Administración de lotería Boo do Milladoiro, serán os encargados de premer o botón de acendido do alumeado de Nadal. Repartiranse mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva.
Xa está todo preparado para a celebración do acto de acendido do alumeado de Nadal, que se vai a realizar este xoves, 4 de decembro, na praza do Concello, en Bertamiráns. As luces de Nadal estarán acendidas en horario de 18.00 a 02.00 horas dende este xoves, 4 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído).
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que este ano “as persoas encargadas de acender o alumeado serán tres representantes do comercio e hostalería local de Ames. Trátase de poñer en valor o traballo que fan estas persoas ao longo do ano. Ademais, coma sempre, haberá chocolate con churros, que este ano comezará a repartirse a partir das 17.45 horas, e como novidade teremos un concurso entre as persoas que acudan con prendas e accesorios propios do Nadal como xerseis, diademas, bufandas, gorros, etc”.
Este ano os encargados de premer o botón de acendido do alumeado de Nadal serán Jesús, do bar Rufino da Ponte Nova, Agrón (en representación do rural); Lola, de Mercería Marlo, situada na avenida da Maía (en representación de Bertamiráns; e Carlos, de Papelería e Administración de lotería Boo, situada na avenida de Rosalía de Castro (en representación do Milladoiro).
Novidades no acendido do alumeado de Nadal
Este ano o acto de acendido do alumeado de Nadal chega con importantes novidades. A primeira é que o acto comezará a partir das 17.45 horas co reparto do tradicional chocolate con churros. A churrería Jorge repartirá 900 churros entre a veciñanza amesá.
Deste xeito, poderase degustar o chocolate e mailos churros mentres se goza da actuación de arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música de Ames e dos coros de Bertamiráns e O Milladoiro do programa Amessán. Ademais, este ano contarase cos artistas e veciños de Ames, Marta Alonso e Pablo Reboleiro, que serán os encargados de presentar dito acto.
O alumnado da EMMA (rapaces e rapazas de canto, combo xuvenil e combo da EMMA) interpretarán os temas A luz que nace en ti e Shake up it’s Christmas time. Por outra banda, o coro do Milladoiro do programa Amessán interpretará os temas Con un sombreiro de palla, Nadal en Mos e Noite de amor; mentres que o coro de Bertamiráns do programa Amessán interpretará as cancións Por entre as silveiras, A luz que nace en ti e Shake up it’s Christmas time.
Outra das novidades deste ano é que se vai realizar un concurso entre as persoas que acudan con prendas e accesorios propios do Nadal como xerseis, diademas, bufandas, gorros, etc. Os presentadores do acto, Marta Alonso e Pablo Reboleiro, serán os encargados de elixir as dúas persoas mellor caracterizadas. As persoas levarán un vale de 50 euros para gastar nos comercios adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames.
Alumeado de Nadal
Instaláronse máis de 140 elementos decorativos para iluminar prazas e rúas por todo o termo municipal. En cada parroquia do rural colocouse como mínimo un elemento decorativo. Entre ditos elementos hai máis de 100 arcos decorativos e outros elementos decorativos.
No Milladoiro cóntase cunha gran árbore artificial iluminada na zona de estacionamento da rúa Agro do Medio, onde se atopa o SuperCor, que por primeira vez pódese pasar por debaixo dela andando; e unha “A tridimensional” de Ames de 2,5 metros de alto na praza da Madalena. Tamén se instalou unha manta de luces que se colocou como se fose un teito de luces na rúa Anxeriz do Milladoiro. Ademais, na avenida de Rosalía de Catro, contarse con 10 arcos luminosos ao longo da rúa; dous arcos de entrada e saída no termo municipal; e haberá 5 renos luminosos (2 na mediana de Rosalia de Castro, 1 na zona verde da rúa Viorneira e 2 na zona verde da rúa da Costa Grande).
Por outra banda, en Bertamiráns, vaise a decorar a árbore que se atopa na praza do Concello, e colocarase un motivo luminoso co número 2026 de dous metros de alto na praza da Maía.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Cuenta atrás para encender este jueves el alumbrado navideño de Ames"






