
Solapas principales
Bloque Nacionalista Galego (BNG)

O Grupo municipal do BNG de Ames formula quince medidas para avanzar cara un modelo de concello máis xusto, sostible e centrado na vida cotiá da veciñanza. “Son propostas plenamente asumibles dende o ámbito municipal e orientadas a dar resposta ás necesidades reais: como o dereito ao acceso á vivenda, a envellecer dignamente, á mellora das infraestruturas deportivas, á protección ambiental e ó equilibrio entre o medio urbano e rural”, explica a voceira nacionalista Escarlata Pampín.
Acadar unha vivenda accesible en condicións adecuadas para todas as persoas é un dos principais obxectivos para o BNG de Ames, neste sentido a formación nacionalista leva meses propoñendo solucións para resolver a crise habitacional que sofre a veciñanza. No pleno de maio de 2025, presentou unha moción na que pedía frear o aumento do prezo dos alugueiros, facilitar o acceso social á vivenda, iniciar os trámites precisos para lograr a declaración de Ames como zona tensionada e adoptar as medidas necesarias para frear a proliferación de vivendas de uso turístico (VUT) no concello. Neste caso a moción nacionalista non contou co voto favorable nin do PSOE nin do PP, impedindo a posta en marcha destas iniciativas.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou o pasado 26 de xaneiro varias preguntas ao Ministerio de Transportes en relación ás obras de humanización do Milladoiro. A 29 de Decembro do 2025 foi publicado na web municipal do concello de Ames o trámite administrativo de recepción das obras. Mais, “atendendo ás evidentes
deficiencias das obras executadas polo adxudicatario e que, por tanto, non pode considerarse a actuación como correctamente finalizada, deberan examinarse as accións necesarias para lograr un remate adecuado”, explica Rego.
Xa hai tempo que a veciñanza do lugar de Ventosa na parroquia de Covas, veñen poñendo de manifesto que o trazado actual do Camiño non coincide co percorrido tradicional que, segundo a memoria popular e testemuños de persoas maiores da parroquia, discorría por outro lugar diferente ao actual. Este antigo camiño, ademais de ter maior valor patrimonial, evita o paso pola estrada principal, onde no núcleo de Ventosa atopamos un punto especialmente problemático e perigoso para as persoas que fan a ruta a pé que teñen que atravesar a estrada AC-453, sen ningún paso de peóns nin ningunha outra medida que garanta a seguridade nunha zona de escasa visibilidade situada entre dúas curvas. Polo que a situación actual supón un risco evidente para a seguridade viaria e pode derivar en accidentes ou situacións de perigo.
O grupo municipal do BNG de Ames, presenta unha moción para a recuperación deste conxunto etnográfico que suporía un importante enriquecemento do patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e medioambiental do Concello.
- ‹ anterior
- 4 de 11
- siguiente ›









