
Solapas principales
Bloque Nacionalista Galego (BNG)

A Concelleira Rosalía Seijas explicou que “desde o BNG non dicimos que non hai que adaptar a ordenanza do lixo, sabemos que é obrigatorio cumprir coa directiva europea e coa lei estatal, que a traspón ao noso marco legal. O que cuestionamos non é a necesidade de adaptarse, senón o xeito en que se fai: non é de recibo impoñerlle á veciñanza un incremento do 75% na taxa cando seguen a atoparse cos mesmos colectores rotos, as mesmas frecuencias de recollida que hai anos e as mesmas dificultades para reciclar correctamente.”
O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado total disposición para proceder ao traspaso ao Concello de Ames da titularidade do tramo ferroviario abandonado entre Fraiz e A Moniña para recuperar o espazo e transformalo nunha senda verde peonil.
O concello de Ames conta cun tramo de vía ferroviaria en desuso entre Fraiz e A Moniña que permanece abandonado desde hai anos. Este espazo, que foi no seu momento unha infraestrutura de transporte estratéxica, converteuse na actualidade nun antigo camiño de ferro en progresivo deterioro.
A xornada contou coa participación de María José Piñeira Mantiñán, docente e investigadora do IDEGA; Carlos Alberto García Novio, avogado especialista en Urbanismo; Iago Lestegás Tizón concelleiro de urbanismo, vivenda e cidade histórica de Santiago de Compostela; José Antonio Abelenda Vila, secretario da Plataforma Sol Naciente e Escarlata Pampín López, voceira municipal do BNG de Ames. Celebrada na Casa da Cultura do Milladoiro, e moderada por Manel Pardo, na xuntanza tratáronse diversos aspectos relacionados con esta grave problemática, como a vivenda baleira, a falta de parque público de vivendas, o uso de vivendas turísticas e as dificultades que ten a xente moza e a xente traballadora para acceder a un fogar digno.
O Xulgado do Social Nº1 de Santiago de Compostela vén de condenar ao Concello de Ames, a través da empresa pública Augas de Ames, a indemnizar ao anterior delegado de persoal da empresa e ao sindicato nacionalista CIG con 7.500€ a cada parte por vulneración de dereitos sindicais.
- 1 de 7
- siguiente ›









