Solapas principales

Natividade De Jesús González Rodríguez

Natividade De Jesús González Rodríguez
Designacion: 
Sexta Tenente de Alcalde
Biografía: 

Nada en Ourense o 20 de decembro de 1973.

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, na especialidade de Psicoloxía Social do Traballo e as Organizacións pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ampla formación académica e profesional en temas relacionados co Recrutamento e Selección de Persoal, Marketing Social e Medios, traxectoria dilatada no campo da investigación social e económica, desenvolta basicamente en Argos Produción e Xestión, S.L. da que foi socia fundadora desde o ano 2000 en calidade de Directora. Experiencia profesional en eventos culturais para a USC, colaboración en varios proxectos no campo da Calidade Turística, Plans de Intervención e Dinamización Turística.

Funcións: 
Xestiona as áreas de planificación e xestión de equipamentos culturais; axudas á entidades culturais e para festas populares; bibliotecas e animación á lectura; Escola de música; Escolas culturais; Programación e promoción cultural; novas tecnoloxías e comunicación.
Retribucions: 

Dedicación parcial: 29.150 euros brutos anuais.

Declaracion Bens: