
Solapas principales
Bloque Nacionalista Galego (BNG)

Cando se cumpren dous anos desde que asumiu a portavocía do BNG en Ames, Escarlata Pampín analiza o camiño percorrido, os retos de facer política desde a oposición e os obxectivos de futuro para o concello. ”Son dous anos de moita intensidade, pero tamén moi enriquecedores. Estar na oposición implica un traballo constante de fiscalización, pero tamén de proposta, e creo que fomos quen de facer ambas cousas con responsabilidade”, salienta. Deste período Pampín destacou o papel do Bloque como “unha oposición firme, propositiva e centrada nas necesidades reais da veciñanza”.
No pleno de setembro de 2025 o concelleiro do BNG de Ames, Alexandre Espinosa, preguntáballe ao alcalde se ía persistir no seu erro de non convocar á persoa que realmente é delegada de persoal e que provocou a condena, Blas García contestáballe que a sentenza estaba recorrida e que el actuaba legalmente. A ratificación da condena por parte do Tribunal Superior de Xustiza pon de manifesto a mala práctica do alcalde que lle vai custar ao Concello 15.000 euros.
O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego, rexistrou no Congreso unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno co obxectivo de coñecer o estado e a planificación do proxecto de mellora dos accesos ao polígono do Novo Milladoiro, no concello de Ames.
O BNG de Ames presentou no pleno de marzo unha moción na que insta á Xunta de Galiza a realizar unha avaliación detallada do estado do transporte público no Concello de Ames e en relación coa área metropolitana de forma que se faga unha planificación global da situación do transporte, foi aprobada por unanimidade.
O BNG vén de poñer en marcha unha campaña con entrega de información sobre esta situación e recollida de sinaturas para pedir, unha vez máis, que a Xunta de Galicia solucione os graves problemas de transporte público que diariamente sofren as persoas usuarias. Saleta Chao, deputada do Parlamento de Galicia, achegouse á localidade para apoiar as demandas do Grupo Municipal do BNG no referente ao transporte metropolitano e trasladalas ao Parlamento.
- ‹ anterior
- 2 de 11
- siguiente ›









