O salón de plenos da Casa do Concello acollerá este mércores, 13 de novembro, unha sesión plenaria extraordinaria na que se debaterá a proposta de subsanación na documentación de solicitude de axuda ao Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), o abeiro do Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real decreto 1516/2018, de 28 de decembro, e Real decreto 316/2019, do 26 de abril. Dende o IDAE requíreselle ao Concello de Ames a subsanación na documentación aportada para acollerse a dita subvención, e que pasa por aportar un novo certificado do acordo do Pleno que aprobe, de forma expresa, todos e cada un dos puntos establecidos no artigo 12.4 do Real decreto 616/2017, e que na memoria do proxecto se inclúa o dato da suma total das potencias contratadas de todos os cadros. A sesión plenaria desenvolverase ás 20:30 horas.