- Dirección: Alcalde Lorenzo, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 680 29 72 35
- mobilidade@concellodeames.gal
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Movilidad
Solapas principales
Departamento de Movilidad
Servicios y programas
Noticias del departamento
Hoxe, 22 de setembro, ponse fin á conmemoración da II Semana Europea da Mobilidade en Ames. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou dende o pasado 16 de setembro unha programación específica con motivo de dita conmemoración. O programa comezou coa charla “Querémoste seguro”, dirixida ás persoas maiores de 65 anos. Ademais, realizouse unha marcha ciclista nocturna; actividades e xogos populares en bici; e unha andaina pola senda O Milladoiro – Bertamiráns. Ademais, no marco do fomento da mobilidade sen emisións, presentouse a campaña “A 30 Ames é máis! Trátase dunha campaña de sensibilización sobre a importancia da velocidade a 30 km/h no interior das zonas urbanas de Ames.
O Concello de Ames saca a concurso a elaboración dun plan de mobilidade integral municipal sostible que servirá de guía para levar a cabo actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade a realizar no futuro neste municipio. O presuposto base de licitación é de 89.999,80 euros, I.V.E incluído. O contrato forma parte do “Programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público”, da estratexia DUSI Impulsa Ames.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que este sábado 20 e o domingo 21 de xuño vólvese a cortar o tráfico en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro co obxectivo de favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta medida, coa que se pretende que a veciñanza de Ames merque no comercio miúdo local, desenvolverase dende o sábado, ás 16:00 horas, ata o domingo, ás 23:00 horas. Nas rúas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. Esta iniciativa realizarase durante todas as fin de semanas do mes de xuño.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que este sábado 6 e o domingo 7 de xuño vólvese a cortar o tráfico en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro co obxectivo de favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta medida, coa que se pretende que a veciñanza de Ames merque no comercio miúdo local, desenvolverase dende o sábado, ás 16:00 horas, ata o domingo, ás 23:00 horas. Nas rúas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. Esta iniciativa realizarase durante todas as fin de semanas do mes de xuño.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que este sábado 13 e o domingo 14 de xuño vólvese a cortar o tráfico en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro co obxectivo de favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta medida, coa que se pretende que a veciñanza de Ames merque no comercio miúdo local, desenvolverase dende o sábado, ás 16:00 horas, ata o domingo, ás 23:00 horas. Nas rúas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. Esta iniciativa realizarase durante todas as fin de semanas do mes de xuño.
Dúas columnas AIR-TOOL-WAHS facilitan desde primeiros deste mes o lavado, a reparación e o inchado de rodas aos/as ciclistas de Ames. Están instaladas nos aparcadoiros da Casa da Cultura do Milladoiro e da Telleira en Bertamiráns. A iniciativa, que parte da Concellaría de Mobilidade, foi financiada con fondos municipais e ten como obxectivo facilitar o coidado das bicicletas a todas aquelas persoas que non posúen un lugar propio onde facelo.
Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Mobilidade, Víctor Fernandez, a Directora Xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e o presidente de Monbus, Raúl López, mantiveron unha xuntanza na que o rexedor municipal expuxo as queixas achegadas polos usuarios e usuarias da liña de autobús de interese municipal (SIMU) e trasladou as propostas do Concello para mellorar dito servizo implantado no mes de xuño de 2022. En dito encontro fíxose unha posta en común por parte das tres partes para a reformular o convenio e facelo máis eficiente. Insistiuse na necesidade de incluír no percorrido paradas no Hospital Clínico e no Campus Sur, así como en Fraiz e A Moniña, na parroquia de Biduído. A comisión foi solicitada polo número de queixas recibidas da veciñanza.
- ‹ anterior
- 10 de 10
Eventos del departamento
Amarcha nocturna sairá ás 22:00 horas da Praza do Concello. Serán 8 km con boa iluminación e un traxecto sinxelo pensado para que poida participar toda a familia. É necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.
Desenvolverase na Praza de Chavián en Bertamiráns e é unha actividade destinada aos rapaces e rapazas de máis de 10 anos.
Dentro da "Semana Europea da Mobilidade", o Concello de Ames organiza o venres 20 de setembro a VI Marcha Ciclista Nocturna. Farase un percorrido con boa iluminación e fácil percorrido, pensado para que nela poida participar toda a familia. A marcha sairá da Praza do Concello, en Bertamiráns.
O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.
- ‹ anterior
- 3 de 3




