Solapas principales

Sae a concurso a elaboración dun plan de mobilidade integral municipal sostible para o Concello de Ames

Martes, 18 de agosto de 2020

O Concello de Ames saca a concurso a elaboración dun plan de mobilidade integral municipal sostible que servirá de guía para levar a cabo actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade a realizar no futuro neste municipio. O presuposto base de licitación é de 89.999,80 euros, I.V.E incluído. O contrato forma parte do “Programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público”, da estratexia DUSI Impulsa Ames.

O contrato “Elaboración do plan de mobilidade integral e sostible do Concello de Ames” ten o seu encaixe na liña 3, “Programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público”, da estrategia DUSI Impulsa Ames, que se sitúa dentro do ámbito do Programa Operativo Plurirregional de España – FEDER POPE-FEDER. A redacción deste plan enmárcase dentro do Plan Impulsa Ames, cofinanciado pola Unión Europea, a través do FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

A contratación efectuarase mediante procedemento aberto
Acontratación efectuarase mediante procedemento aberto. O presuposto base de licitación 89.999,80 euros, I.V.E incluído. A duración do contrato será de 10 meses sen posibilidade de prórroga.A empresa adxudicataria destinará ao desenvolvemento do proxecto un equipo técnico multidisciplinar que abarque as diferentes especialidades técnicas necesarias para a súa correcta elaboración. O equipo mínimo e obrigatorio deberá estar composto por 1 arquitecto/a e 1 enxeñeiro/a superior.

Obxectivos estratéxicos
O plan de mobilidade integral e sostible que a empresa adxudicataria terá que elaborar para Ames debe responder a varios obxectivos estratéxicos. Por unha banda haberá de favorecer a integración e o acceso aos servizos en igualdadede condicións de todas as persoas que residen no concello e terá que minimizar as diferenzas entre os distintos entornos. Ademais haberá de dar solucións orientadas tanto á redución do consumo enerxético e da pegada de carbono do municipio, buscando a eficiencia tanto nos desprazamentos, a través dun funcionamento estrutural da área urbana menos monocéntrico, como na xestión enerxética das infraestruturas e os equipamentos públicos.

Os obxectivos que se pretenden acadar con este contrato, son, entre outros, a redución de emisións acústicas e gases contaminantes, a racionalización do uso do automóbil privado e sosego do tráfico, a racionalización do transporte público e a precedencia de implantación de novas liñas, a implantación de alternativas de transporte viables, a potenciación de formas de mobilidade sostibles de peóns e bicicletas coa conseguinte mellora de seguridade., así como o estudio das áreas de aparcamento.

O contrato implica, en definitiva, a elaboración dun documento de referencia orientado a desenvolver políticas de mobilidade que reduzan emisións e que potencien o uso de formas de transporte máis sostibles, socialmente útiles, medioambientalmente axeitadas e economicamente sostibles. Haberá de terse en conta a mellora da mobilidade e accesibilidade de forma eficiente e sostible nos núcleos urbanos e na conexión destes cos demais núcleos de poboación do municipio.

O plan crearase en base aos criterios e orientacións que determina a lei e as diretrices de orde superior e tomará como referencia outros documentos estratéxicos e de planificación que interveñen sobre algún aspector relativoa a mobilidade, como oPlan de Ordenación Municipal do Concello de Ames. Para a elaboración do PMUS contémplanse os traballos distribuídos en varias fases fases que abranguen desde a recollida e clasificación da información para elaborar un análise de diagnóstico, a participación cidadá e a verificación dos problemas detectados até a elaboración definitiva do plan e as accións de difusión.

Antecedentes
Nas últimas dúas décadas o Concello de Ames experimentou un forte incremento poboacional, tanto nos núcleos urbanos de Milladoiro e Bertamiráns como nas parrroquias, especialmente as situadas no sur do municipio: Biduído, Bugallido, Ortoño, Ames e Cobas e o desenvolvemento e consolidación de diversas urbanizacións. Todo iso, unido á proximidade coa capital de Galicia, supón un importante proceso de transformación dos asentamentos, os espazos públicos, os fluxos, as conexións e os deprazamentos entre núcleos dentro e fora do propio termo municipal.

O conxunto require dunha análise exhaustiva encamiñada a conseguir a racionalización, programación e realización de actuacións que melloren a vida dos cidadáns e das cidadás e que lle dean solucións aos problemas de mobilidade, accesibilidade e seguridade xurdidos co propostas no marco dun desenvolvemento sostible e de mellora do medio ambiente. As propostas deberán promover o crecemento, a competitividade, o emprego, a inclusión social e a igualdade entre homes e mulleres.

Desde a Concellaría de Mobilidade estívose traballando nos pregos técnicos deste Plan de mobilidade e onde se especifican os obxectivos que o Concello de Ames pretende acadar. Esta será a primeira vez que Ames terá un Plan de mobilidade, peza indispensable para a reordenación do tráfico e o desenvolvemento urbano dos núcleos. Desde a Concellería de mobilidade xa se está a actuar na redución da velocidade co establecemento de zonas 30, así como os fluxos de circulación existentes. A implementación de rúas de dirección única e novos espazos de aparcamento serán aspectos importantes a salientar no plan a redactar. O Concello espera ter no 2021 o novo Plan que lle permita actuar sobre a liña do transporte de viaxeiros, xa que o mesmo plan deberá incluír un estudio sobre a posta en marcha deste novo servizo e para o que o Concello conta con financiamento DUSI. A estas circunstancias responde a elaboración deste plan de mobilidade integral municipal sostible que o Concello de Ames saca a concurso.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames encarga el plan de movilidad y conectividad con el transporte público"

El Correo Gallego: "Ames y Outes se adaptan a la movilidad del nuevo milenio"

La Voz de Galicia: "Ames quiere circular a 30 por hora"

Sae a concurso a elaboración dun plan de mobilidade integral municipal sostible