Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

Os clubs ciclistas Os Esfola Arrós (Ames), O Toxo (Noia) e Baikers do Vilán (Camariñas), en colaboración cos Concellos de Ames, Camariñas e Noia, organizan a primeira edición da Liga galaica de 3 horas de Resistencia BTT, que se desenvolverá o 26 de xaneiro en Noia, o 2 de febreiro en Ames e 16 de febreiro en Camariñas. As tres probas rexeranse por un mesmo regulamento, contarán con 400 prazas dispoñibles e as inscricións poderán formalizarse premendo neste enlace. O custe da inscrición é de 15 € por participante individual, 24 € para as persoas que participen en parella e 30 € para as que o fagan en tríos.

Do 25 ao 29 de maio, 21 equipos protagonizarán a primeira edición do campionato de España de voleibol na categoría júnior masculina, unha modalidade que debuta este ano para amortecer o salto entre categorías base e sénior. Deste xeito, as instalacións deportivas dos concellos de Ames, Negreira e Brión servirán coma sede dun campionato organizado pola Real Federación Española de Voleibol (RFEVB) e o CD Padre Faustino, coa colaboración dos tres Concellos e da Deputación da Coruña. Dos 65 partidos que se disputarán ao longo das cinco xornadas, Ames acollerá 21, nas dúas pistas que se habilitarán no pavillón municipal de Bertamiráns. Preme nesta ligazón para consultar os horarios dos diferentes partidos que se van a disputar neste campionato.

Durante este mes de decembro celebráronse as fases zonal e provincial de campo a través do programa XOGADE de categorías escolares. Na fase zonal, celebrada en Acea de Ama (Culleredo) o 2 de decembro, o club Atletismo MillaRaio tivo representación en todas as categorías masculinas e femininas, enviando a un total de 51 atletas. Os catro equipos femininos conseguiron a clasificación para a fase provincial que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado sábado 16 de decembro.

Dende o pasado luns, 21 de setembro, está aberto o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas e culturais do Concello de Ames para o curso 2020-2021. O prazo de preinscrición amplíase ata o día  29 de setembro (martes 29 incluído). A xestión realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Non se admitirá ningún tipo de inscrición presencial. Este ano non se permite a renovación de praza. Todas as persoas que queiran participar nas actividades das Escolas deportivas e culturais terán que facer a preincrición. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas realizarase un sorteo. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 1 de outubro na páxina web do Concello de Ames. Ademais, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e nunha escola cultural. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade.

O Club de Xadrez Millarengo organizou un curso intensivo online de xadrez para o xoves 1 e o sábado 3 de outubro. Trátase dunha iniciativa para animar á veciñanza amesá na iniciación e perfeccionar das destrezas na práctica do xadrez. As clases son totalmente gratuítas e impartiranse a través da plataforma Sky.

A patinadora amesá Antía Lourido Villasenín, do club Ágora,  acadou a terceira posición no Campionato Galego de Patinaxe Artística libre celebrado os días 5 e 6 de xuño en Ribeira. A deportista clasificouse  no Campionato de España que terá lugar os días 1 e 2 de xullo en Tarragona.

Este domingo, 2 de febreiro, desenvolveuse na localidade de Bertamiráns a segunda proba da Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT. Este evento deportivo está composto de tres probas: a primeira realizouse o pasado domingo 26 de xaneiro en Noia e a terceira é última celebrarase o domingo 16 de febreiro. Esta proba estivo organizada polo club Os Esfola Arrós e contou coa colaboración do Concello de Ames. Participaron 155 ciclistas repartidos en diferentes categorías. A Liga conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través de Deporte Galego, da Deputación Provincial da Coruña e de Rótulos Orixinal Imaxe.

O Club de ciclismo Os Esfola Arrós e o Concello de Ames organizaron, por quinto ano consecutivo, unha das probas do circuíto Transgalaica. Así, este domingo o municipio amesán acolleu a segunda proba do circuíto Transgalaica 2020, que finalmente cotou coa participación de 286 ciclistas. Na modalidade masculina o primeiro ciclista en chegar á liña de meta foi Anxo Lorenzo Segade, do Club Máster da Louriña. Na categoría xeral feminina a gañadora foi Susana Alonso Carballo, do Club deportivo Extol MTB Team. Trala proba organizada en Ames, quedan dúas probas máis, que se desenvolverán na Estrada e Silleda.

Onte domingo 17 de marzo celebrouse a quinta edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, unha proba na que se inscribiron 522 persoas. A primeira en cruzar a meta na categoría absoluta feminina no trail longo foi Apolonia Bermúdez, cun tempo de 1:41:15, mentres que o primeiro posto masculino neste trail foi para Manuel Piñeiro, do Club Atletismo Cambados Seguros Noval, que obtivo unha marca de 1:12:04. Pola súa banda, o club gañador foi o C.A. Cambados – Seguros Noval, que repite a vitoria de 2023. Nesta ligazón pódese acceder á galería de imaxes da competición.

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 8 de agosto unha nova liña de achegas para a concesión de bolsas para deportistas do Concello de Ames no ano 2024. O importe das bolsas que se van a conceder ascende a 10.000 euros.  A finalidade desta convocatoria é apoiar aos/as deportistas individuais de Ames, como medio para promover o deporte do municipio e, desta forma, conseguir logros deportivos para o concello. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases da convocatoria.

Eventos del departamento

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan este domingo, 20 de outubro a vixésima edición da carreira pedestre do Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns, tal como  se veu realizando nas dúas últimas edicións, unha vez que se decidiu trasladar a proba desde o entorno do Pazo da Peregrina ao centro do núcleo urbano para así facer mais partícipe á veciñanza.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 20 de outubro a XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, unha proba que pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.

A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes. O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.