Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 26 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. Estará en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 28 de marzo no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 30 de maio en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 12 de abril en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 16 e o mércores 17 de agosto no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O martes 16 estará en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas, mentres que o mércores 17 estará tanto en horario de mañá como de tarde, de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 22 de febreiro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 5 e o mércores 6 de xullo no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O martes 5 estará en horario de tarde, de 15:30 a 20:00 horas, mentres que o mércores 6 estará tanto en horario de mañá como de tarde, de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 20:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 10 de agosto en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 2 de novembro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 7 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

Eventos del departamento

O sábado, 17 de xuño, a partir das 12.00 horas, celebrase en Ames un novo Encontro Intercultural no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ademais da degustación de pratos típicos de diferentes nacionalidades, os asistentes poderán desfrutar dun obradoiro de cociña denominado “Cambio climático no prato”, da peza teatral “Vaia Tea!” de Xucrut Teatre, dunha actuación musical a cargo do músico venezolano Misael Sánchez e dun posto informativo e de venda de comercio xusto. Para participar no obradoiro de cociña hai que inscribirse previamente a través deste formulario web. Trátase dun obradoiro de cociña sostible para concienciar á poboación sobre a cociña de aproveitamento.

Este venres, 17 de febreiro, a Coordinadora de Convivencia Positiva, coa axuda do profesorado, o persoal non docente, a ANPA e o departamento de mediación intercultural do Concello de Ames, vai organizar o primeiro Entroido Intercultural no IES do Milladoiro. O obxectivo é tentar mellorar a convivencia positiva no centro e recoller, ao mesmo tempo, un aproveitamento didáctico da propia experiencia educativa. Haberá música, gastronomía e disfraces. 

A exposición “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido” pode visitarse no Pazo da Peregrina (Avnda da Peregrina, 16) até o día 14 de outubro, en horario de 09:00 a 14:00 horas.  

Volve a Feira do voluntariado de Ames e este ano con máis forza se cabe xa que inclúe dentro da súa programación a celebración do Encontro intercultural de Ames. A Feira desenvolverase no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 19.00 horas. Comezará co acto de inauguración a cargo da directora xeral de voluntariado e representantes municipais. Ao longo do día haberá un amplo abano de actividades: mesa redonda, charla-coloquio, xogos, mostra fotográfica, actuación musical, etc. Participarán 15 asociacións de voluntariado da comarca. O Encontro intercultural celebrarase de 14.00 a 16.00 horas, coincidindo co horario do xantar. Poderanse degustar pratos típicos de diferentes nacionalidades. Haberá servizo de autobús de balde desde o Milladoiro. Para poder utilizalo é necesario reservar praza no teléfono 662 377 004.

O próximo sábado 26 de febreiro celebrarase na Casa da Cultura de Bertamiráns a Festa do Entroido de Amessan. A partir das 17.00 horas, os asistentes poderán desfrutar de música en vivo a cargo de Ana Angueira. Haberá autobuses para asistir ao evento dende as paradas de costume, reservando praza nos números 662 377 044 ou 683 327 378 antes do xoves 24 de febreiro. Premiaranse aos mellores disfraces. Dende a Concellería de Benestar Social animan á toda veciñanza amesá a asistir disfrazado.

O vindeiro domingo, 11 de decembro, ás 17.00 horas, celébrase a terceira festa de Nadal do programa Amessan, na Casa das persoas maiores de Bertamiráns. Haberá música a cargo do grupo de pandereteiras de Amessan e do grupo Elelas, que tamén está xestionado pola Oficina de Voluntariado de Ames. Ademais, farase unha degustación de chocolate con churros. Disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as parroquias. Sairá dende as paradas habituais ás 16.30 horas. Para reservar praza no autobús hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044.

O Concello de Ames organizará o próximo sábado 23 de abril a súa primeira xornada dedicada á saúde mental e ao benestar das crianzas e da mocidade. “Coidados á mente” acollerá tres conferencias, unha mesa redonda e dous talleres simultáneos, que se poderán seguir de xeito presencial na Casa da Cultura de Bertamiráns ou ben a través de streaming. A xornada está dirixida a profesionais de todos os sectores que traballan coa xente moza, ou ben a familias interesadas no benestar psicolóxico. Para inscribirse, de balde, cómpre enviar un correo ao enderezo electrónico amesjornadasaludmental@gmail.com, indicando datos persoais e se se asistirá presencialmente ou a distancia. Preme aquí para consultar a programación ao completo.

A programación do Mes da Saúde de Ames péchase o sábado, 23 de abril coa celebración simultánea da segunda edición da Feira da Saúde e Ben-Estar e da primeira xornada sobre saúde mental infanto-xuvenil de Ames, Coidados á mente. Un total de 14 asociacións (ALCER, ANEDIA, ACEGA, AGADEA, ACEM, AECC, ASANOG, Fonte da Virxe, Alcohólicos Anónimos, QuerENDO, AMICO, AGAPA, CON-ARTITRIS E AEPNAA) montarán os seus stands na zona exterior da Casa da Cultura de Bertamiráns co obxectivo de proporcionar información a todas aquelas persoas que se acheguen por alí. Preme aquí para consultar o itinerario do Mes da Saúde ao completo.

O venres 28 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, terá lugar a mostra de danza "Bailando a vida", dirixida por Martha Franco, coa colaboración dos e das participantes do Laboratorio corporal, movemento e creación que se celebrou ao longo dos últimos meses no Milladoiro e en Betamiráns; así como por integrantes da asociación Arcea-Adames. A entrada é de balde ata completar aforo. 

A Concellaría de Benestar Social, en colaboración con Feitoría Verde S. Coop. Galega, pon en marcha o novo obradoiro “Recolledoras de saberes: camiñando cara a unha alimentación sustentable”. Será impartido por persoal de Feitoría Verde S. Coop. Galega os días 25 de febreiro e 4 de marzo, de 16.30 a 18.30 horas, no local social do centro cultural Maía. Trátase dunha actividade que é de balde para todas as persoas que estean interesadas en participar. As prazas son limitadas e a inscrición farase por orde de inscrición. Para inscribirse hai que premer nesta ligazón ou escanear un código QR que se pode atopar no cartel do obradoiro.