Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

O Departamento de Promoción da Saúde, en colaboración ca empresa BeOne, pon en marcha o novo programa "Saúde nas prazas". As actividades, que se desenvolverán ás 20.30 horas, comezarán o luns 5 de xullo e rematarán o vindeiro 31 de agosto. A través deste proxecto preténdese achegar e fomentar hábitos de vida saúdables á veciñanza de Ames, de todas as idades, dun xeito lúdico e divertido para coidar a saúde física e emocional.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, que se celebra este mércores, 28 de xuño, o concello de Ames luce xa a bandeira do arco de vella nos monólitos de acceso ás vilas de Bertamiráns e do Milladoiro. Esta homenaxe irá acompañada dunha serie de actos e actividades que se celebrarán ao longo da xornada de mañá, co fin de mostrar o pulo do Concello pola igualdade e a non discriminación.

En resposta ao chamamento feito pola Federación Galega de Municipios e Provincias, o Concello de Ames ofreceu a súa colaboración e pón a disposición da FEGAMP os recursos que poida ter para colaborar na acollida dos refuxiados afgáns.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Igualdade, colabora por segundo ano consecutivo coa entidade Solidariedade Internacional de Galicia. O obxecto é colaborar na segunda edición do programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos denominado Galicia Abriga. Trátase dun programa de acollida temporal para mulleres que defenden os dereitos humanos en países con presenza da cooperación galega. Para dar a coñecer dito programa organizouse para este martes, 28 de outubro, un acto aberto á veciñanza no que participarán Milagro Alvarado, Juventina López e Ana Donis, que son as tres mulleres que participan este ano no programa Galicia Abriga. O acto celebrarase ás 12.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Preto dun cento de representantes de concellos galegos e caboverdianos, da administración central e autonómica e de organizacións da sociedade civil, entre outros, conmemoraron o pasado venres o 25 aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade na Residencia de Tempo Libre de Panxón, no Concello de Nigrán, onde se xestou esta rede de concellos e deputacións. Baixo o lema #oglobalélocal, celebrouse un gran acto conducido pola actriz Diana Sieira no que se combinaron os discursos e recoñecementos con lembranzas e emocións, alén da música galega e africana. En representación do Concello de Ames asistiu a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo.

O Concello de Ames, a través da concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, estará representado no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Elixidas, que reunirá os días 12 e 13 de marzo a máis de 130 alcaldesas e concelleiras de Cabo Verde, Mozambique e Galicia co fin de fomentar a participación efectiva das mulleres no poder local e impulsar políticas municipais con perspectiva de xénero. Unha ducia de concellos galegos estarán representados nas xornadas que se celebrarán na cidade de Praia baixo o lema “Electas no local, unha voz global”, organizadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde (ANMCV).

Por oitavo ano consecutivo, a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado presenta a campaña solidaria “Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. A campaña artéllase en base as cartas que a rapazada (os zocos e zocas) escribe pedindo un regalo concreto. Os veciños e as veciñas de Ames que se apunten como “trasnos e trasnas” actuarán como “paxes dos Reis Magos” achegando ese agasallo aos “puntos Trasnos” que este ano situaranse nas Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro. O departamento de Servizos Sociais, a través da Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, é o encargado de organizar a campaña.

Unha vez máis, o Concello de Ames vén de ser recoñecido cun premio de renome. Neste caso, o “Premio Calidade” que outorga a RECS a concellos de máis de 20.000 habitantes. Ames recibe o premio na categoría de “Fomento de iniciativas que favorecen os estilos de vida saudables” por “Ames Saudable”, un programa que aglutina toda unha serie de actividades que fomentan os hábitos saudables, dun xeito transversal e buscando a equidade en saúde. Na proposta para optar ao premio, o Concello destacou “o papel enriquecedor e diferenciador que desempeña a nutricionista municipal ligada á Concellería de Promoción da Saúde”. Precisamente a nutricionista, Rosana Martínez, acompañaba esta mañá ao alcalde, Jose Miñones, e a concelleira de Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, na presentación do premio aos medios de comunicación.

O Concello de Ames segue a confirmar os bos datos en materia de seguridade e conseguiu reducir nun 6,7% as infraccións penais no primeiro trimestre de 2019, en relación ao mesmo período de 2018. É o concello da provincia de máis de 30.000 habitantes que máis descende, seguido de Arteixo (5,1%) e Culleredo (0,8%). Os datos, recollidos no balance trimestral de criminalidade do Ministerio do Interior, amosan á tendencia á baixa do Concello de Ames, en contraposición á suba experimentada na provincia da Coruña (6,9%), Galicia (8,7%) e España (5,2%).

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora por segundo ano consecutivo coa entidade Solidariedade Internacional de Galicia. O obxecto é colaborar na segunda edición do programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos denominado Galicia Abriga. Trátase dun programa de acollida temporal para mulleres que defenden os dereitos humanos en países con presenza da cooperación galega. O pasado venres, 3 de outubro, a concelleira de Benestar Social, Uxía García, participou nunha xuntanza en Santiago de Compostela, na que participaron Milagro Alvarado, Juventina López e Ana Donis, que son as tres mulleres que participan este ano no programa Galicia Abriga.

Eventos del departamento

Baixo o lema “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o venres, 22 de novembro, a décimo cuarta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura de Bertamiráns. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornada.ames@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

Ás 20.30 horas, o martes 31 de agosto, celebrarase unha xornada de clausura do programa "Saúde nas prazas". O Departamento de Promoción da Saúde, en colaboración ca empresa BeOne, invita a acudir a todos os veciños e veciñas á  praza da Horta de Arriba, xunto á piscina de Bertamiráns, onde se impartirán sesións de baile, combat, ioga e unha merendola saudable. Non é preciso inscrición previa.

A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero.  O mércores 18 de novembro, Laura Costoya organiza o taller "Cara onde vou?, claves para mellorar a empregabilidade". Esta actividade centrarase no desenvolvemento de competencias e a adquisición de recursos enfocados á procura de emprego feminino. A iniciativa desenvolverase vía online e, para participar, é necesario inscribirse a través desta páxina web.

A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. O xoves 19 de novembro, Aixa Permuy organiza o encontro "Coeducación desde a infancia". Nesta xornada destinada a pais, nais e persoas educadoras, exporanse diferentes actividades para traballar a construción e deconstrución de estereotipos. A iniciativa desenvolverase vía online e, para participar, é necesario inscribirse a través desta páxina web.

O programa de actividades dará comezo o xoves 16 de novembro coas XIII Xornadas Achégate á Igualdade que este ano teñen como lema  “Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades”. Trátase dunha xornada gratuíta que se vai a organizar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Para participar é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo xornada.ames@gmail.com indicando o nome, apelidos e lugar de residencia. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o venres, 28 de novembro, a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornadasachegate@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

A unidade móbil de doazón de sangue está hoxe xoves, 27 de agosto en Bertamiráns, en horario de mañá e de tarde.

Situarase na Avnda da Maía, diante da praza.

Os horarios son os seguintes:

Pola mañá estará entre as 9:30 e as 14:30 e pola tarde estará desde as 15:30 até as 21:00 horas.

É necesario pedir cita previa no teléfono  900 100 828

As Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente de Ames organizan o vindeiro sábado, 6 de xullo, unha andaina saudable pola Ruta do Tambre que culminará cun almorzo grupal. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa extraordinaria á trintena de andainas xa programadas ao amparo do programa SaudeAndo, ao tempo que busca animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.