A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC, dependente da Concellería de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, abre as súas portas á veciñanza tras reformar e modernizar os equipos da aula, ampliando de paso os horarios de Aula Aberta, o número de postos e a proposta formativa, que irá unida á xa ofertada na Aula CeMIT de Bertamiráns. Neste senso, xa están abertas as inscricións para participar nos obradoiros que se desenvolverán en maio e en xuño, tanto en liña como na propia aula. O novo horario de Aula Aberta da AMTIC, situada na Casa da Cultura do Milladoiro, é de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Preme aquí para consultar a programación formativa da AMTIC ao completo.