Solapas principales

43 rapaces e rapazas participaron no obradoiro de electrónica e programación de robots da AMTIC

Lunes, 12 de junio de 2023

O pasado venres, 9 de xuño, a Casa da Cultura do Milladoiro acolleu un obradoiro de electrónica e programación de robots, organizado pola aula AMTIC. O taller estivo composto por dúas prácticas de programación electrónica dunha hora e media de duración cada unha, para dous grupos de idade (de 8 a 10 e de 11 a 14 anos). Ademais, ofreceuse unha charla sobre a materia, e habilitouse un espazo de exposición de robots autónomos. Nun comezo ofertáronse ocos para 24 persoas, pero a gran demanda de participación obrigou a ampliar o número de prazas. Finalmente foron partícipes da xornada un total de 43 rapaces e rapazas.

A aula AMTIC organizou, o pasado venres 9 de xuño, unha xornada lectiva arredor da electrónica e a programación. No evento participaron cativos e cativas de entre 8 e 14 anos, que foron divididos en dúas quendas. Na primeira franxa horaria, de 17:00 a 18:30 horas, tiveron cabida os nenos e nenas de entre 8 e 10 anos; mentres que na segunda, de 19:00 a 20:30 horas, impartíronse contidos para a rapaza dende os 11 ata os 14 anos.

O obradoiro estivo dividido en dúas prácticas de programación electrónica. Ao comezo ofreceuse unha pequena charla teórica sobre a electrónica e a súa programación en placas de tipoloxía Arduino (con sensores e actuadores), así como unha explicación da contorna de programación onde se realizou a práctica. Rematada esa primeira práctica, deuse paso á programación electrónica dun robot.

Para acabar a xornada, as crianzas puideron gozar tamén dun espazo de exposición de robots autónomos.

Con este tipo de actividades, a AMTIC pretende fomentar a creatividade da rapazada dunha maneira lúdica, adaptándose a eles e elas e potenciando as súas cualidades e capacidades. A demanda superou as expectativas, posto que a actividade estaba pensada inicialmente para acoller a 24 nenos e nenas. A gran cantidade de inscricións recibidas obrigou a ampliar o número de prazas a 43.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "El taller de robótica para jóvenes de Ames dobló su aforo por la demanda"

AMS GO!: "Máis de 40 rapaces e rapazas participaron no obradoiro de electrónica e programación de robots da AMTIC de Ames"

Imaxe dos participantes no obradoiro de electrónica e programación de robots

Multimedia

  • 43 rapaces e rapazas participaron no obradoiro de electrónica e programación de robots da AMTIC
  • 43 rapaces e rapazas participaron no obradoiro de electrónica e programación de robots da AMTIC
  • 43 rapaces e rapazas participaron no obradoiro de electrónica e programación de robots da AMTIC