Avisos
Martes, 17 junio, 2025
A pista de fútbol sala da Travesía do Porto, no Milladoiro, acollerá este mércores, día 18 de xuño, o concerto de fin de curso de Escola de Música Municipal de Ames. Con motivo desta celebración, a pista permanecerá pechada desde as 8.00 horas de hoxe, martes 17 de xuño, ata as 14.00 horas do vindeiro venres, día 20.
Martes, 17 junio, 2025
O Concello de Ames informa sobre o horario de verán das oficinas e bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro que comprende do 15 de xuño ao 15 de setembro (ambos incluídos). O horario xeral de verán de atención á cidadanía das oficinas municipais é de 8.00 a 14.00 horas, pero hai departamentos que teñen un horario diferente.
Martes, 17 junio, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2025, que se vai desenvolver no CEP Ventín, na EEI do Milladoiro e no CEIP A Maía.
Lunes, 16 junio, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante os días 19 e 20 de xuño en varias rúas de Bertamiráns, O Milladoiro e da aldea de Lapido, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Lunes, 16 junio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para as renovacións nos servizos de Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas para o curso 2025-2026. Establécese un prazo de emenda de 10 días hábiles (ata o 30 de xuño de 2025).
Viernes, 13 junio, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 13 junio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 12 junio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a resolución final para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames.
Jueves, 12 junio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listas provisionais de nenos/as admitidos/as e excluídos/as no programa municipal da Escola de Verán 2025. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O prazo para emendas e reclamacións a ditas listas provisionais está aberto do 13 ao 19 de xuño (incluído). Podes consultar as listaxes completas ao pé deste aviso.
Resultado do sorteo realizado para asignar as prazas do novo alumnado da EMMA para o curso 2025-2026
Miércoles, 11 junio, 2025
O Concello de Ames informa sobre o resultado do sorteo realizado para asignar as prazas do novo alumnado da Escola Municipal de Música de Ames que se realizou este mércores 11 de xuño.
- ‹ anterior
- 42 de 180
- siguiente ›




