Avisos
Lunes, 7 julio, 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 8 de xullo, en Bertamiráns, na praza da Maía. O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.
Viernes, 4 julio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 30 junio, 2025
O Concello de Ames informa de que durante o período dun mes os semáforos situados no cruce da avenida da Maía coa rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns, van permanecer en ámbar co obxectivo de elaborar un estudio sobre a fluidez do tráfico neste lugar.
Viernes, 27 junio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 23 junio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de nenos/as admitidos/as e excluídos/as no programa municipal da Escola de Verán 2025. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estaban escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. Podes consultar as listaxes completas ao pé deste aviso.
Viernes, 20 junio, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Xuño Lúdico 2025 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 20 junio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 20 junio, 2025
O Concello de Ames informa da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea para a inserción laboral para persoas participantes no obradoiro dual de emprego Renova VII. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 10.500 euros. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables deberán presentarse no prazo de vinte días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña. Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 21 ao 10 de xullo de 2025.
Miércoles, 18 junio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedor Escolar) para o curso 2025-2026.
Miércoles, 18 junio, 2025
A Dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, informa dun episodio de vaga de calor a partir do día 17 de xuño, de nivel 1 AMARELO (baixo risco). Este fenómeno afectará a toda Galicia ata o venres 20 de xuño, de maneira hetereoxénea nas diferentes zonas. Este aviso considérase válido ata a modificación no nivel de alerta nivel de alerta: nivel 1 (amarelo).
- ‹ anterior
- 41 de 180
- siguiente ›




