Solapas principales

Listaxe provisional de admitidos e excluídos de renovacións de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas para o curso 2025/2026

Lunes, 16 junio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para as renovacións nos servizos de Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas para o curso 2025-2026. Establécese un prazo de emenda de 10 días hábiles (ata o 30 de xuño de 2025).

Se na solicitude se indica que ten débeda en executiva, a continuación indicamos os teléfonos para consultar e solucionar a incidencia:
-Deputación da Coruña: 900 132 204.
-Oficina de recadación municipal: 981 88 48 96.

As solicitudes de renovación que aparecen na listaxe como “Renovación admitida: SI” non deberán facer ningún outro trámite. As solicitudes que aparecen como “Renovación admitida: NON” deberán emendar a solicitude no prazo correspondente de emenda.