Solapas principales

Proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de PSX do servizo de comedores escolares

Jueves, 12 junio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a resolución final para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames.

O prazo para interpoñer, con carácter potestativo, un recurso de reposición é dun mes contando desde o día seguinte á publicación da resolución, polo que estará aberto ata o 13 de xullo. Así mesmo, tamén se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo, no cal o prazo é de dous meses, estando aberto ata o 13 de agosto.