Avisos

Por ejemplo, 12-10-2026
Por ejemplo, 12-10-2026
Martes, 10 junio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza unha nova edición do concurso Baila con Ames. Haberá tres categorías de participación: individual, parellas ou tríos e grupos (de 4 a 12 persoas). Non hai límite de idade para participar. Para participar, é preciso enviar a ficha de participación e os anexos cubertos a través da Sede electrónica xunto cun vídeo casting e xustificante de rexistro ao enderezo amesnarua@gmail.com. Repartiranse 3.900 euros en premios. As inscricións están abertas ata o 15 de xuño. A fase de preselección realizarase no Milladoiro o vindeiro 28 de xuño, mentres que a fase final do concurso será en Bertamiráns o 18 de xullo.
Viernes, 6 junio, 2025
O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para a realización de cacharelas na noite de San Xoán, o vindeiro 23 de xuño. No caso dos espazos públicos, o prazo comprende do 5 ao 17 de xuño, ás 13:30 horas; mentres que para os espazos privados será do 5 ata o 20 de xuño, tamén ás 13:30 horas. As normas faranse extensivas á celebración de cacharelas/sardiñadas durante todo o mes de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poderá facerse de maneira presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello.
Viernes, 6 junio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 6 junio, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 3 junio, 2025
Desde o luns, 26 de maio, e ata o venres 6 de xuño, está aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2025-2026. A inscrición pode realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais ou por calquera dos outros medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Para entregar a documentación de xeito presencial nos rexistros municipais non é preciso solicitar cita previa. Está previsto que as clases comecen o 15 de setembro.
Lunes, 2 junio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes presentadas de novos/as usuarios/as nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2025-2026. O prazo de emendas ou reclamacións é de 10 días hábiles, do 2 ao 13 de xuño de 2025. Unha vez finalizado dito prazo publicaranse as listas de admitidos/as nos servizos e informarase do prazo de matricula.
Lunes, 2 junio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 2 junio, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2025, que se vai desenvolver no CEP Ventín, na EEI do Milladoiro e no CEIP A Maía.
Miércoles, 28 mayo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 28 mayo, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2024-2025. O prazo de matrícula abrangue do 2 ao 16 de xuño.