Avisos
Jueves, 24 julio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 23 julio, 2025
O Concello de Ames informa á veciñanza que, durante a xornada do día de hoxe, mércores 23 de xullo produciranse cortes puntuais nas rúas Pardiñeiros e Panasqueira para o pintado das marcas viarias do novo pavimento destas rúas do Milladoiro. Estas obras encádranse na actuación de mellora do pavimento das rúas Pardiñeiros, Seidón e Panasqueira, nas que se veñen de investir preto de 100.000 euros.
Martes, 22 julio, 2025
O Concello de Ames informa que dende as 00.00 h do día 24 de xullo (madrugada do mércores 23 de xullo ao xoves 24) procederase a cortar a auga dos números pares da Avenida de Rosalía de Castro, para a realización de traballos de mellora e mantemento da rede. Esta interrupción do subministro durará un mínimo de 3 horas. Esta actuación encádrase nos traballos de mellora e mantemento da rede de abastecemento de auga que a empresa pública “Augas de Ames” está a realizar en paralelo á humanización da N-550 ao seu paso polo Milladoiro.
Viernes, 18 julio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, informa de que se adía a actividade “Pedras e estrelas”, que estaba prevista para o sábado 19 de xullo.
Viernes, 18 julio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 16 julio, 2025
Todos os anos durante a época estival a área recreativa de Tapia convértese nun punto de referencia non só para a veciñanza de Ames, senón tamén para todos os veciños e veciñas da comarca de Santiago de Compostela, que buscan un lugar onde poder refrescarse e relaxarse durante os seus momentos de lecer. Deste xeito a área recreativa de Tapia preséntase como unha alternativa ao mar e aos grandes areais da costa galega onde todos os bañistas poden tomar un baño e deitarse ao sol. Para que os veciños e veciñas de Ames poidan achegarse ata a praia fluvial o Concello de Ames habilita do 14 e xullo ao 13 de agosto un servizo gratuíto de autobús, que sairá ás 15.30 horas desde O Milladoiro e realizará parada en Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns. O regreso será ás 20.00 horas coas mesmas paradas que no percorrido de ida. Dito servizo funcionará os luns, mércores e venres.
Martes, 15 julio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de matrículas presentadas en prazo nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2025-2026. O prazo de emendas ou reclamacións é de 10 días hábiles, polo que estará aberto ata o 30 de xullo.
Viernes, 11 julio, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 7 julio, 2025
Ata o vindeiro día 15 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro lúdico 2025”, que este ano se desenvolverá do 1 ao 5 de setembro. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. Non poderán participar os menores que vaian cursar 4º de Educación Infantil ou a ESO no vindeiro curso 2025-2026. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Lunes, 7 julio, 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 8 de xullo, en Bertamiráns, na praza da Maía. O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.
- ‹ anterior
- 40 de 180
- siguiente ›




