Avisos

Por ejemplo, 09-10-2026
Por ejemplo, 09-10-2026
Jueves, 7 agosto, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2025, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de emendas e baixas remata o 22 de agosto.
Jueves, 7 agosto, 2025
O Concello de Ames informa que, con motivo da celebración este sábado, 9 de agosto, da IV Regata Provincial "Circuíto praia fluvial de Tapia", o acceso á praia fluvial de Tapia estará restrinxido durante toda a xornada do sábado. Deste xeito, quedará prohibido ao longo de todo o día o acceso ás zonas da área recreativa, tanto as de baño (zona de arriba do muíño), coma nas zonas verdes (próximas á instalación de piragüismo).
Jueves, 7 agosto, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica, informa de que o luns, 11 de agosto, abrirá o prazo para a presentación de solicitudes de traslado ou permuta de postos por parte dos comerciantes que xa conten con postos no mercado de rúa. Deste xeito, determinarase os postos que finalmente quedan vacantes para adxudicalos posteriormente ás persoas anotadas na lista de agarda.
Miércoles, 6 agosto, 2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun episodio de temperaturas máximas de nivel 1 AMARELO no interior da provincia da Coruña a partir do mediodía da xornada de hoxe, mércores 6 de agosto, ata a noite. Este fenómeno afectará a toda Galicia de maneira hetereoxénea nas diferentes zonas. Este aviso considérase válido ata a modificación do nivel de alerta.
Lunes, 4 agosto, 2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun episodio de altas temperaturas a partir do mediodía da xornada de hoxe, luns 4 de agosto, de nivel 1 AMARELO no interior da provincia da Coruña, con temperaturas que poden alcanzar os 35º graos e, puntualmente, pódese chegar a alcanzar os 37º. Este fenómeno afectará a toda Galicia de maneira hetereoxénea nas diferentes zonas.
Lunes, 4 agosto, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 5 agosto en varias rúas de Bertamiráns, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Viernes, 1 agosto, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 31 julio, 2025
O Concello de Ames informa de que hoxe, xoves 31 de xullo, a partir das 11.00 horas, reabre a piscina municipal do Milladoiro. A instalación permaneceu pechada desde o pasado día 15 debido aos problemas que se detectaron co desprendemento do liner da piscina. As obras de reparación non supuxeron ningún custo extra para as arcas municipais xa que dita obra estaba en período de garantía.
Miércoles, 30 julio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do decreto da alcaldía para a contratación temporal de dous/dúas peóns/peoas e un/unha capataz forestal para a brigada de prevención de lumes forestais do Concello de Ames (APROL Rural 2025).
Martes, 29 julio, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica, fai pública a creación dunha listaxe de agarda en relación á adxudicación de postos libres no mercado ambulante de Bertamiráns. Pódese consultar a listaxe no documento ao pé deste aviso.