Solapas principales

Listaxe de matrículas presentadas de Bos Días Coles, Comedores Escolares e Tardes Divertidas curso 2025-2026

Martes, 15 julio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de matrículas presentadas en prazo nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2025-2026. O prazo de emendas ou reclamacións é de 10 días hábiles, polo que estará aberto ata o 30 de xullo.

Os/as usuarios que estaban admitidos/as, nas listaxes de presinscrición e non realizaron a matrícula en prazo, perderon a súa praza correspondente e, no caso de seguir interesados, deberán comunicar mediante rexistro, a inclusión na lista de agarda do correspondente servizo. Para que a matrícula sexa efectiva, haberá que estar ao corrente coas obrigas tributarias do Concello de Ames. Ademais, durante o mes de setembro non se admitirán cambios con respecto aos días de asistencia ao servizo ou a data de inicio do mesmo, polo que o último día para efectuar os correspondentes cambios no servizo solicitado é ata o 31 de agosto.