Solapas principales

Adíase a actividade “Pedras e Estrelas” prevista para este sábado 19 de xullo

Viernes, 18 julio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, informa de que se adía a actividade “Pedras e estrelas”, que estaba prevista para o sábado 19 de xullo.

A través desta actividade faise unha visita aos petróglifos de Peneda Negra e Monte Castelo e unha observación do ceo nocturno, na que se explica a relación existente entre diferentes constelacións e mitos, crenzas e tradicións relacionadas cos petróglifos. 

Esta iniciativa, que ten unha duración aproximada de tres horas, ten o seu punto de inicio no miradoiro do Bosque do Peregrino, situado en Ventosa, na parroquia de Covas. Esta actividade realizarase noutra data que se anunciará durante os vindeiros días a través da páxina web e redes sociais do Concello.