Solapas principales

Últimas prazas para os cursos que imparte a Aula AMTIC durante o mes de marzo

Martes, 3 marzo, 2026
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (aula AMTIC), oferta durante este mes de marzo un curso de uso básico de internet, para adultos, e un de programación con placa Micro:bit, para nenos e nenas. Os cursos son gratuítos e as inscricións deberán facerse en informatica.milladoiro@gmail.com mediante o formulario que está ao pé deste aviso ou ben no 698 172 347.

Dende a aula AMTIC informan que quedan as últimas prazas libres para as actividades do mes de marzo: Uso básico de internet, para público adulto, e Programación con placa Micro:bit, para os máis cativos e cativas.

O curso de Uso básico de Internet será os días 4, 5, 11, 12 e 18, de 10.00 a 12.00 horas, no que se ensinará o funcionamento da rede e como poder navegar con seguridade ao buscar información ou almacenar contidos en liña. O curso tamén inclúe módulos para a comunicación en liña mediante correo electrónico, chats e videoconferencias.

Por outra banda, o curso de Programación con placa Micro:bit impartirase os xoves e venres 5, 6, 12, 13 e 20 de marzo, de 17.30 a 19.30 horas. Os nenos e nenas poderán crear, xogar e programar con Micro:bit.

Coma sempre, a participación en calquera dos cursos é gratuíta. Para participar é necesario inscribirse enviando cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén é posible anotarse chamando ao 698 172 347.

Multimedia