Lunes, 23 febrero, 2026
- Tematica
O Concello de Ames informa de que con motivo da proba deportiva BTT TRANSGALAICA Concello de Ames (ciclismo), que se vai celebrar o domingo, 1 de marzo de 2026, a partir das 9:30 horas, con saída e chegada nos arredores do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Infórmase das seguintes restricións:
-PROHIBICIÓN DE ESTACIONAMENTO na avenida José Luis Azcárraga: sábado 28 de febreiro, desde as 23:00 horas, ata o domingo 1 de marzo, ás 15:00 horas.
-CORTES DE TRÁFICO na avenida José Luis Azcárraga: pechada ao tráfico ata a aldea de Capeáns o domingo 1 de marzo desde as 7:30 horas ata as 15:00 horas.
-RECOMÉNDASE evitar as vías mencionadas e utilizar desvío alternativo desde Covas cara Bertamiráns: DP-0203 (Augapesada- Bertamiráns), AC-453 (Roxos- Portomouro), AC-543 (Santiago- Bertamiráns).
Descargas:




