Avisos
Jueves, 30 abril, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa sobre a celebración da 3ª Etapa de La Vuelta Femenina by Carrefour.es, que terá lugar entre as localidades de Padrón e A Coruña o vindeiro martes, 5 de maio de 2026, e pasará por Bertamiráns arredor das 14.25 horas. As ciclistas pasarán pola avenida da Maía (virán pola AC-543 dende Brión, dirección Bertamiráns) e subirán pola avenida da Peregrina (AC-544) dirección Negreira.
Martes, 28 abril, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, abre do 28 de abril ao 10 de maio un prazo extraordinario de solicitude de praza para ocupar aquelas prazas que quedaron vacantes no programa de campamentos municipais de verán 2026. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). As prazas serán outorgadas por orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Ames.
Martes, 28 abril, 2026
O Concello de Ames informa sobre a publicación da listaxe provisional de solicitudes presentadas ao programa municipal de Campamentos de verán 2026. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do Concello. Poderanse facer as alegacións que se consideren oportunas durante os seguintes cinco días hábiles dende a publicación deste aviso. Posteriormente, o 11 de maio publicaranse as listas de admitidas/os definitivas. A información completa sobre o proceso de matrícula pódese consultar nas bases do programa que están ao pé deste aviso.
Esgotadas as prazas para acudir á unidade móbil de expedición do DNI durante os meses de maio e xuño
Martes, 28 abril, 2026
O Concello de Ames informa de que están esgotadas as prazas para acudir á unidade móbil de expedición do DNI e pasaporte para o 13 maio no Milladoiro e o 16 de xuño en Bertamiráns. Pódese solicitar cita para as seguintes datas: 16 de setembro (O Milladoiro), 13 de outubro (Bertamiráns), 11 de novembro (O Milladoiro) e 3 de decembro (Bertamiráns).
Lunes, 27 abril, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural, vén de organizar unha nova actividade. Esta é a semana na que se vai poder comprobar cal vai ser a traxectoria do sol o día do eclipse, 12 de agosto. Coa intención de coñecer o maior número de localizacións para valorar a viabilidade de observación nesta data, convócase á veciñanza para que envíen fotografías do solpor dende distintos lugares. Aos 70 primeiros participantes agasallarémolos cunha guía de observación de aves do Val da Maía.
Viernes, 24 abril, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 24 abril, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 22 abril, 2026
A partir do luns, 27 de abril, estará operativo por completo o carril bici da N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro.
Martes, 21 abril, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 25 de abril, organízase unha nova xornada do Club tixolas, un club de cociña dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.
Martes, 21 abril, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 155/71 GAL emitido o día 21/04/2026 ás 08:51 horas dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO por TORMENTAS que afectará A CORUÑA (Noroeste, Interior), LUGO (A Mariña, Centro), OURENSE (Noroeste) e PONTEVEDRA (Interior) que se iniciará a primeiras horas da tarde do día 21/04/26, prolongándose ata a posterior madrugada.
- ‹ anterior
- 12 de 175
- siguiente ›




