Avisos

Ex., 26-08-2026
Ex., 26-08-2026
Mércores, 26 agosto, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que ata o vindeiro 14 de setembro está aberta a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social. Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. A contía total destas axudas é de 54.000 euros. A tramitación para solicitar estas axudas debe facerse a través da Sede electrónica do Concello de Ames. O prazo de solicitude é un mes a contar desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña do 14 de agosto.
Martes, 25 agosto, 2026
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2026, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía.
Martes, 25 agosto, 2026
O Concello de Ames informa de que queda suspendida a cuarta xornada do programa dos Seráns de Ames 2026 prevista para este xoves, 27 de agosto, ás 19.00 horas, na praia fluvial de Tapia. A previsión apunta choiva para ese día polo que se decidiu suspender a programación prevista de contacontos, xogos populares, teatro e música. Nas próximas semanas informarase sobre se estas actividades se realizan noutra data.
Venres, 21 agosto, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 21 agosto, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 20 agosto, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, informa de que o venres, 14 de agosto, saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico das familias numerosas do municipio. A contía total destinada a estas axudas é de 100.000 euros. Nesta convocatoria, o importe para as familias monoparentais ascende a 1.500 euros por unidade de convivencia. As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no Rexistro telemático a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro situadas na Casa do Concello e na oficina municipal do Milladoiro. O prazo para presentar as solicitudes vai do 15 de agosto ata o 14 de setembro de 2026.
Venres, 14 agosto, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 14 agosto, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 12 agosto, 2026
O Concello de Ames, a través da súa empresa pública municipal Augas de Ames EPEL que xestiona o servizo municipal da auga, vén de detectar un incremento significativo no consumo de auga nas últimas semanas, especialmente asociado a usos como o rego de xardíns e zonas verdes, o enchido de piscinas e outros consumos non esenciais.
Mércores, 12 agosto, 2026
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2026, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de emendas e baixas remata o 24 de agosto.