Solapas principales

A terceira etapa de La Vuelta Femenina by Carrefour.es pasará por Ames o martes 5 de maio

Jueves, 30 abril, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa sobre a celebración da 3ª Etapa de La Vuelta Femenina by Carrefour.es, que terá lugar entre as localidades de Padrón e A Coruña o vindeiro martes, 5 de maio de 2026, e pasará por Bertamiráns arredor das 14.25 horas. As ciclistas pasarán pola avenida da Maía (virán pola AC-543 dende Brión, dirección Bertamiráns) e subirán pola avenida da Peregrina (AC-544) dirección Negreira.

La Vuelta Femenina by Carrefour.es celebrarase do 3 ao 9 de maio. Das sete etapas que se van a disputar, catro delas van a realizarse por territorio galego. Deste xeito, a terceira etapa, que vai discorrer entre Padrón e A Coruña, vai a pasar por Ames. 

A hora prevista de paso da primeira corredora está para as 14:26 (horario estimado). A estrada estará cortada desde que pase o primeiro motorista ata o final da carreira, polo que o corte irá nun intervalo entre 15 e 35 minutos (aproximadamente). 

Premendo nesta ligazón poder consultar o itinerario e horarios da terceira etapa. Para dispor de máis información podes acceder á páxina web de La Vuelta Femenina.

Multimedia