Solapas principales

Listaxe provisional de solicitudes presentadas ao programa municipal de Campamentos de verán 2026

Martes, 28 abril, 2026
O Concello de Ames informa sobre a publicación da listaxe provisional de solicitudes presentadas ao programa municipal de Campamentos de verán 2026. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do Concello. Poderanse facer as alegacións que se consideren oportunas durante os seguintes cinco días hábiles dende a publicación deste aviso. Posteriormente, o 11 de maio publicaranse as listas de admitidas/os definitivas. A información completa sobre o proceso de matrícula pódese consultar nas bases do programa que están ao pé deste aviso.

A efectos de información e posibles reclamacións publícase a lista provisional de solicitudes presentadas ao programa municipal e Campamentos de verán 2026, sobre a que se poderán facer as alegacións oportunas durante os seguintes cinco días hábiles dende a publicación deste aviso. 

A publicación da lista definitiva será o 11 de maio. Nese momento indicaranse os campamentos nos que será preciso realizar sorteo, que terá lugar o día 18 de maio no salón de plenos da Casa do Concello. Mediante o mesmo cubriranse as prazas nas distintas actividades, e tamén dará lugar a unha lista de agarda para cada un dos campamentos sorteados. O resultado e a lista de agarda publicarase o 21 de maio.

Matrícula e pagamento
Unha vez adxudicada a praza a oficina de recadación enviará ao correo electrónico facilitado, a folla de autoliquidación na que figura o importe e prazo do pagamento. Unha vez realizado o pagamento a matrícula quedará formalizada. Non é necesario achegar xustificante de pago (comprobarase de oficio). O pagamento das taxas poderá fraccionarse en dous pagos (50% do custe de cada un). O primeiro pagamento deberá ser realizado entre o 25 e o 31 de maio, e o segundo entre o 8 e o 14 de xuño.

Excepcionalmente poderá solicitarse o impreso de pagamento de xeito presencial nas Oficinas de Recadación do Milladoiro (rúa Viorneira, número 6) e de Bertamiráns (praza da Horta de Abaixo, número 6) ou a través do correo electrónico ames@canaltributos.com

No caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico poderase descargar ou pagar a autoliquidación premendo nesta ligazón, ou ben a través da banca electrónica de ABANCA. No caso de non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada.

Máis información
Para máis información sobre os campamentos de infantil, primaria e urbano pódese contactar coa Aula da Natureza, chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal. Por outra banda, para saber máis sobre os campamentos de ESO e bacharelato pódese contactar coa Concellaría de Xuventude, chamando ao teléfono 616 083 229 ou escribindo a xuventude@concellodeames.gal. O horario de atención de ambos departamentos será de 9:00 a 14:00 horas.

Multimedia