Solapas principales

Fotografía o solpor dende onde che gustaría observar o eclipse do vindeiro mes de agosto

Lunes, 27 abril, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural, vén de organizar unha nova actividade. Esta é a semana na que se vai poder comprobar cal vai ser a traxectoria do sol o día do eclipse, 12 de agosto. Coa intención de coñecer o maior número de localizacións para valorar a viabilidade de observación nesta data, convócase á veciñanza para que envíen fotografías do solpor dende distintos lugares. Aos 70 primeiros participantes agasallarémolos cunha guía de observación de aves do Val da Maía.

Para participar é preciso realizar unha fotografía entre os días 27 e 30 de abril dende as 20:15h ata as 20:30 horas, coincidindo así coas franxas horarias de máxima ocupación do eclipse. Admítense como máximo dúas fotografías por participante. Cada imaxe non poderá superar os 3 mgb. As fotografías hai que envialas ao correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal indicando o nome e apelidos da persoas participantes e maila localización e hora exacta da fotografía.

Multimedia