Actualidad

Por ejemplo, 26-06-2025
Por ejemplo, 26-06-2025
Miércoles, 22 de noviembre de 2023
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a partir do 27 de novembro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle entre o 27 de novembro e o 18 de decembro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres. A inauguración da mostra será o luns 27 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais da inauguración farase unha charla de presentación de dita mostra. Esta exposición conta coa colaboración do Concello de Ames.

Miércoles, 06 de septiembre de 2023
Imaxe grupal da inauguración da exposición

O Concello de Ames presentou esta mañá  a exposición “Vixando”, unha proposta que mostra pezas das coleccións de arte Afundación e ABANCA, que invitan a recorrer tanto Galicia como o mundo enteiro. A mostra poderá visitarse na praza do Concello ata o vindeiro domingo 24 de setembro. Á inauguración asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; o coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño; a coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela; e a autora dos textos da exposición, Mercedes Rozas; así como Laura Lozano, directora da oficina de ABANCA en Bertamiráns. Participaron tamén diversos membros da Corporación municipal.

Miércoles, 31 de mayo de 2023
Cartaz da exposiciónn "Por seguir o camiño"

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a partir do vindeiro luns, 5 de xuño, unha selección de acuarelas urbanas, “Por seguir o camiño”. Trátase dun conxunto de pinturas realizadas polo debuxante Javi Penedo que representan diversos lugares que marcaron a vida do autor.

Miércoles, 21 de diciembre de 2022
Imaxe da inauguración da exposición sobre o Camiño de Fisterra e Muxía

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o 26 de decembro unha exposición itinerante do Camiño de Fisterra e Muxía. A mostra pódese visitar en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Cómpre destacar que o sábado 24 e mailo domingo 25 de decembro a Casa da Cultura de Bertamiráns estará pechada. Tras estar en Ames a mostra continuará a súa itinerancia polos concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Fisterra. O director da mostra, que está organizada por Expogal, é Pepe Barro, deseñador e autor do proxecto Até o Fin. O deseño correu a cargo do arquitecto, Mario Crecente, e as imaxes son do fotógrafo Álvaro Arribi. As persoas que visiten a exposición poderán facer achegas sobre o Camiño na web www.ateofin.gal ou a través do correo electrónico asociacion@ateofin.gal.

Jueves, 24 de noviembre de 2022
A exposición poderase visitar ata o 2 de decembro

Esta mañá inaugurouse a mostra que conmemora o 140 aniversario de La Voz de Galicia. Dita exposición pode visitarse na praza da Maía, en Bertamiráns, dende hoxe ata o 2 de decembro. A mostra, deseñada por Manuela Mariño e coordinada por María Santalla e Antón Fernández, consta de 15 cubos de gran formato. No acto de inauguración participaron o alcalde de Ames, Blas García; o director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela; e mailo delegado de Santiago, Ignacio Carballo, xunto a representantes do Goberno municipal, da Corporación municipal e de distintas asociacións do municipio. O xornal trasladou a xeracións de lectores o día a día dos seus municipios e tamén lles informou dos grandes acontecementos desde 1882.

Viernes, 14 de octubre de 2022
Imaxe da Ponte Maceira. Fotografía de Adolfo Enríquez

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle do 13 ao 20 de outubro a exposición fotográfica “100 Lugares Máxicos do Camiño”. A mostra recolle algunhas das instantáneas incluídas no libro homónimo, que será presentado o próximo luns 17 de outubro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas, coa presenza do autor, o fotógrafo Adolfo Enríquez.

Lunes, 10 de octubre de 2022
O Pazo da Peregrina acolle durante o mes de outubro a exposición fotográfica Paso a Paso

A sala de exposicións do Pazo da Peregrina acolle ata o 31 de outubro a mostra fotográfica Paso a Paso. Trátase dunha mostra  de fotografías realizadas por Ánxela Taboada Lamela, Adonis Ríos, Maite Miñanbres, Ana Rozas Vázquez, María Pino, Ramiro González González, Esmeralda L. Castro e Josina Gancedo Cons. Todos/as son alumnos e alumnas de Fuco Reyes, director da Escola de fotografía Eco Escola de Arte. A mostra xira arredor de  tres temáticas: documental, poética e humanista. Os/as autores/as rematan en Ames un proxecto itinerante que levou esta mostra por cinco concellos: Valga, Illa de Arousa, Vedra, Ribeira e Ames.

Viernes, 10 de junio de 2022
Imaxe da presentación da exposición Noroeste cuarta Oeste: roteiros de ficción

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu hoxe pola mañá a inauguración da exposición Noroeste cuarta Oeste: roteiros de ficción. Trátase dunha mostra enmarcada no proxecto Nortear, que realiza unha singradura a través de temas e obras literarias, cinematográficas, televisivas ou escénicas da nosa contemporaneidade. En modo de navegación polo Atlántico pódese percorrer a ficción galega en diálogo coa do Norte de Portugal. A mostra poderase visitar ata o 30 de xuño na entrada da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Jueves, 02 de junio de 2022
A mostra de fotografía “Pinceladas”, de José Luis Gigirey, estará na Casa da Cultura de Bertamiráns ata o 12 de xuño

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle do 2 ao 12 de xuño a exposición fotográfica “Pinceladas”, do veciño de Ames José Luis Gigirey. A mostra inclúe unha serie de fotografías de natureza, coas que o autor busca reivindicar a beleza do cotiá e valores como a paciencia, a dedicación e a experiencia para obter instantáneas que marquen.

Miércoles, 25 de mayo de 2022
O Milladoiro acolle ata o 6 de xuño a exposición interactiva “XX anos de O bosque animado”

Este martes pola tarde inaugurouse no Milladoiro a mostra interactiva “XX anos de O bosque animado”. Esta mostra forma parte da programación coa que se conmemora o vixésimo aniversario da estrea en galego da película de animación realizada pola produtora coruñesa Dygra Films, “O bosque animado”, a primeira longametraxe de animación integramente en 3D producida fóra dos Estados Unidos e en galego. Dita exposición pode visitarse ata o 6 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro. É de acceso libre e gratuíto para todos os públicos.