Solapas principales

O Pazo da Peregrina acolle durante o mes de outubro a exposición fotográfica Paso a Paso

Lunes, 10 de octubre de 2022

A sala de exposicións do Pazo da Peregrina acolle ata o 31 de outubro a mostra fotográfica Paso a Paso. Trátase dunha mostra  de fotografías realizadas por Ánxela Taboada Lamela, Adonis Ríos, Maite Miñanbres, Ana Rozas Vázquez, María Pino, Ramiro González González, Esmeralda L. Castro e Josina Gancedo Cons. Todos/as son alumnos e alumnas de Fuco Reyes, director da Escola de fotografía Eco Escola de Arte. A mostra xira arredor de  tres temáticas: documental, poética e humanista. Os/as autores/as rematan en Ames un proxecto itinerante que levou esta mostra por cinco concellos: Valga, Illa de Arousa, Vedra, Ribeira e Ames.

O pasado mércores, 5 de outubro, inaugurouse na sala de exposicións do Pazo da Peregrina, unha mostra fotográfica que se poderá visitar ata o 31 deste mes. As fotos que compoñen esta exposición foron feitas por alumnos e alumnas fo fotógrafo Fuco Reyes, director da Escola de fotografía Eco Escola de Arte. En dito acto interviron a concelleira de Cultura do Concello de Ames, Natividade González, e Josina Gancedo Cons, en representación dos/as fotógrafos/as.

A Concellaría de Cultura, ademais de elaborar unha programación de actividades propia, tamén permite o uso das instalacións do concello a todas aquelas persoas que desexen presentar as súas obras, espectáculos ou exposicións. Os espazos que se poden solicitar son as Casas da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, o Pazo da Peregrina, ou ben os locais sociais situados nas diferentes parroquias do municipio. Deste xeito, os/as autores/as rematan en Ames un proxecto itinerante que levou esta mostra por cinco concellos: Valga, Illa de Arousa, Vedra, Ribeira e Ames.

Tres temáticas: documental, poética e humanista

A mostra xira arredor de tres temáticas: documental, poética e humanista. A temática documental abórdase dende a perspectiva de Anxela Taboada Lamela, que recolle nas súas fotos unha alerta sobre o abandono do medio rural, mentres que Adonis Ríos pon en valor o delicado e duro traballo das mariscadoras da Ría de Arousa. A temática poética está recollida nas fotografías de Maite Miñambres, Ana Rozas Vázquez e Maria Pino, en canto ás relacións da fotografía e a pintura. Estes traballos evocan emocións e sensacións, que nalgún caso nos envolven nun aire de fantasía e misterio.

A terceira e última temática, a humanista e social, está presente nas instantáneas de Ramiro González González, Esmeralda L. Castro e Josina Gancedo Cons. Estes/as autores/as poñen o foco nas vivencias de cada ser humano, evidenciando problemas sociais.

Mostra sobre temas sociais

Ramiro coa súa obra O proxecto dun soño, do ano 2021, crea un mundo místico, onde xoga co espectador a crear historias, mentres que Esmeralda co seu traballo Habedes volver, do ano 2020, explora o recoñecemento dos medos e obsesións que nos acompañan desde a infancia. Por último, Josina a través do seu traballo Destrución silenciosa, do ano 2020, que consta de 27 fotografías, utiliza a metáfora visual, para representar o mundo interior dunha persoa vítima dun proceso de maltrato psicolóxico e emocional.

O que se expresa a través dunha fotografía, é algo moi potente. Estase falando dunha linguaxe universal. E a pesar desta vertebración, estes traballos teñen un fío de unión, que é ese diálogo visual, que se pretende establecer co espectador, transmitindo emoción, sentimento, pensamento e valores, que o levan á interrogación, á reflexión,...., dos temas non só artísticos senón tamén sociais, de gran calado na actualidade, como son os que visualiza esta mostra.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames acoge la muestra de fotos «Paso a paso»"

El Correo Gallego: "Mostra fotográfica ‘Paso a Paso’ ata o 31 na capital"

AMSGO!: "A exposición fotográfica “Paso a paso”, no Pazo da Peregrina durante o mes de outubro"

O Pazo da Peregrina acolle durante o mes de outubro a exposición fotográfica Paso a Paso

Multimedia

  • O Pazo da Peregrina acolle durante o mes de outubro a exposición fotográfica Paso a Paso
  • O Pazo da Peregrina acolle durante o mes de outubro a exposición fotográfica Paso a Paso
  • O Pazo da Peregrina acolle durante o mes de outubro a exposición fotográfica Paso a Paso
  • O Pazo da Peregrina acolle durante o mes de outubro a exposición fotográfica Paso a Paso