Actualidad

A Concellaría de Mocidade volve a apostar pola formación da mocidade en comunicación en lingua de signos. Deste xeito, convoca un novo curso de lingua de signos (LSE) para a poboación moza. A formación impartirase de outubro a decembro na Casa da Cultura do Milladoiro. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando o impreso de inscrición debidamente cuberto e asinado ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre o 23 e 30 de setembro. Hai 20 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada.

A Concellaría de Mocidade de Ames retoma as actividades do programa Trouleando, desta volta, cunha xornada de barranquismo no río Almofrei, en Cotobade. Así, a mocidade amesá poderá gozar dunha actividade na que se combina deporte, diversión e aventura. Realizarase o sábado 4 de outubro e, como vén sendo habitual, ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. O prazo de inscrición estará aberto dende o vindeiro 17 de setembro ata o día 21. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

A concellaría de Mocidade organizou durante o mes de agosto, e a primeira semana de setembro, un Campamento Dixital para a rapazada que se desenvolveu na Aula AmTIC do Milladoiro. Participaron un total de 56 nenos e nenas neste programa no que puideron adquirir diferentes competencias e habilidades no ámbito dixital dunha forma lúdica e adaptada a eles.

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá o vindeiro xoves, 7 de agosto, a partir das 20.00 horas, o I Festival Emerxente, unha iniciativa que nace co obxectivo de ofrecer aos artistas novos unha plataforma onde poder darse a coñecer e presentar os seus traballos. A cita, organizada polos departamentos de Cultura e Mocidade do Concello de Ames, forma parte do programa de Ames en Festas e contará coas actuacións de Helena Pazos, MR. T, Lepayitss e Komojo.

Este pasado xoves, 17 de xullo, o campo da festa de Covas estreouse no programa dos Seráns de Ames con dúas novas propostas musicais da man dos grupos TEEN e Ginko Biloba, ambos os dous grupos formados por mozos que están a dar os seus primeiros pasos no mundo da música. Os Seráns de Ames están organizados polo departamento de Bibliotecas coa colaboración de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística. Esta iniciativa está composta por seis propostas en cinco parroquias do concello que se desenvolven os xoves dos meses de xullo e agosto.

Este xoves, 17 de xullo, a partir das 20.00 horas, o campo da festa de Covas estrearase no programa dos Seráns de Ames con dúas frescas e novas propostas musicais. Deste xeito, a parroquia amesá acollerá as actuacións de TEEN e Ginko Biloba, ámbolos dous grupos formados por mozos que están a dar os seus primeiros pasos no mundo da música.

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Desde o día 1 ata o 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría. O horario de ensaio do local para todos os días da semana é de 10.00h a 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata tres horas consecutivas á semana para ensaiar. Na actualidade, 14 agrupacións musicais fan uso destas instalacións, que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as. Durante os últimos meses realizáronse melloras na cuberta do edificio e para resolver problemas de humidade, illamento e acondicionamento das salas.

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Ditas instalacións estiveron pechadas por mor das obras na cuberta do edificio. Executáronse melloras para resolver problemas de humidade, illamento e acondicionamento das salas. Ademais das obras do exterior, habilitouse na sala contigua á de ensaio, un pequeno estudo de gravación, para que os grupos poidan mesturar, editar e producir audio coa súa propia produción musical. Unha vez rematadas as obras os grupos xa poden volver a iniciar os seus ensaios e práctica musical. Ademais, do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría.

A Aula AMTIC do Milladoiro acollerá ao longo de todo o mes de agosto un campamento dixital dirixido para a mocidade de entre 9 e 17 anos, unha proposta na que poderán aprender e adquirir diferentes competencias dixitais dun xeito divertido. A actividade desenvolverase de luns a venres, en horario de mañá, ao longo do mes de agosto, en catro quendas diferentes (unha por cada semana). Ao finalizar o campamento, os participantes recibirán un certificado que avala as competencias adquiridas. As prazas para participar son limitadas. Podes inscribirte a través da seguinte ligazón.

A Concellaría de Mocidade de Ames organiza, a través do programa Trouleando, unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que gozar dunha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. Será o sábado 14 de xuño e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. O prazo de inscrición estará aberto dende o vindeiro 30 de maio ata o 4 de xuño. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 95 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.
- ‹ anterior
- 3 de 16
- siguiente ›




