Solapas principales

O 1 de xullo abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría

Domingo, 29 de junio de 2025

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Desde o día 1 ata o 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría. O horario de ensaio do local para todos os días da semana é de 10.00h a 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata tres horas consecutivas á semana para ensaiar. Na actualidade, 14 agrupacións musicais fan uso destas instalacións, que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as. Durante os últimos meses realizáronse melloras na cuberta do edificio e para resolver problemas de humidade, illamento e acondicionamento das salas.

O departamento de Xuventude ten a disposición dos grupos musicais do concello un equipamento municipal co obxectivo de facilitar un espazo para o ensaio musical da cidadanía do concello, fomentar a práctica musical da mocidade de Ames e contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento. Despois de que ditas instalacións estiveran pechadas por mor das obras na cuberta do edificio, infórmase que A Factoría xa está lista para que todos os grupos poidan reiniciar a súa práctica musical. 

Unha vez rematadas ditas obras e reiniciada a actividade en A Factoría, a Concellaría de Mocidade abre do 1 ao 15 de xullo o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso deste local municipal. As persoas usuarias do local que queiran seguir utilizándoo, deben enviar dentro do prazo establecido o impreso de solicitude de renovación cumprimentado e asinando ao enderezo de correo electrónico xuventude@concellodeames.gal. En caso de non renovar no prazo establecido, procederase á baixa no uso do local.

As agrupacións que tramiten a renovación poden usar as instalacións de A Factoría de balde nas condicións que se establecen no regulamento. As agrupacións que non renoven no prazo establecido, procederase a dalas de baixa no uso do local, tendo que devolver a chave da instalación no Pazo da Peregrina antes do 30 de xullo deste ano.

Agrupacións novas
Calquera agrupación que desexe facer uso do local pode reservalo, sempre que, polo menos, un dos/as seus/súas integrantes estea empadroado no concello de Ames e que o grupo estea dado de alta no censo municipal de artistas do concello.

O horario de ensaio do local para todos os días da semana é entre as 10.00h e as 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata tres horas consecutivas á semana para ensaiar. Calquera dúbida ou consulta poden contactar con Xuventude Ames no correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Ames abre o prazo para que os grupos musicais locais pidan praza para usar A Factoría"

Diario de Santiago: "O 1 de xullo abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría, en Ames"

O 1 de xullo abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría