Solapas principales

Volve o Trouleando neste mes de xuño cunha xornada no Aquapark de Cerceda

Miércoles, 28 de mayo de 2025

A Concellaría de Mocidade de Ames organiza, a través do programa Trouleando, unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que gozar dunha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. Será o sábado 14 de xuño e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. O prazo de inscrición estará aberto dende o vindeiro 30 de maio ata o 4 de xuño. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 95 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

Coincidindo case co inicio do verán, a Concellaría de Mocidade organiza para este mes de xuño unha nova actividade do programa Trouleando. Nesta ocasión, propoñen unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático que conta cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada do máis divertida con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc.

A actividade realizarase o sábado 14 de xuño. Como vén sendo habitual, haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina ás 11.00 horas e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 11.15 horas. O regreso aproximado está previsto para as 20.15h no Milladoiro e 20.30h en Bertamiráns.

Os mozos e mozas que participen na actividade deben levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar factor 50 e muda. Os participantes tamén deben levar a comida e merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque.

Pode inscribirse a mocidade empadroada no concello de Ames, nada entre o 2012 e 1995 e que saiba nadar. O prazo de inscrición estará aberto entre o 30 e maio e o 4 de xuño. Para participar, é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta e asinada  a xuventude@concellodeames.gal. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

Será preciso contar cun mínimo de 40 mozos/as para desenvolvela actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade. Para resolver posibles dúbidas pódese contactar coa Concellería de Mocidade a través do correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.

Volve o Trouleando neste mes de xuño cunha xornada no Aquapark de Cerceda
Descargas: 

Multimedia

  • Volve o Trouleando neste mes de xuño cunha xornada no Aquapark de Cerceda