Solapas principales

A rapazada de Ames canta e baila ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, A Gramola Gominola e As Maianas no festival Modo Galego, actívao!

Viernes, 17 de abril de 2026

A explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns acolleu este venres, 17 de abril, o festival de música infantil, Modo Galego, actívao! onde se xuntaron centos de rapaces e rapazas xunto as súas familias, para cantar e bailar co grupo de música tradicional amesá As Mainas, e con dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. Con esta gran festa pechouse a cuarta edición deste programa que está organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Este ano o peche oficial do programa realizouse este venres, 17 de abril, cun gran festival na explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns no que houbo unha gran festa con diversas actuacións musicais. Este festival púxolle o ramo ao programa Modo Galego, Actívao! no que participaron cento de rapaces e rapazas de Ames, xunto coas súas familias, escolarizados nos centros de ensino que participaron no programa. No festival tamén participaron familias usuarias do programa de dinamización lingüística Apego, que non teñen nenos ou nenas escolarizadas en centros de Ames.

A rapazada cantou e bailou co grupo de música tradicional amesá As Mainas, creador da banda sonora do programa, e con dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: Uxía Lambona e a Banda Molona e Gramola Gominola. Durante toda a tarde predominou un ambiente moi festivo e familiar.

A dito festival asistiron o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García; o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; o secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García; a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, María Coutinho; a académica da Real Academia Galega, María López Sández; e técnicos/as do Seminario de sociolingüística da RAG e do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. 

O alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, mostrouse satisfeito pola boa acollida que tivo este festival. “Con festivais coma este damos un paso importante na normalización do idioma, xa que o obxectivo que temos todos é o mesmo: que o galego perdure. Como sempre digo, o galego non é patrimonio de ninguén en concreto, é patrimonio de todos e de todas. Agardo que este festival sexa unha actividade que vaia medrando cada ano e que perdure no tempo”.

O presidente da RAG resaltou os bos resultados da experiencia que arrincou como un programa piloto en Ames e que xa se está a estender por outros concellos do país. “Unha parte importante do éxito da expansión do proxecto ten que ver coa excelente colaboración que sempre demostrou o Concello de Ames, así como do profesorado e a das familias”, apuntou Henrique Monteagudo. “Ames está a servir de exemplo con esta exitosa experiencia, e hoxe estamos aquí para celebralo con toda a comunidade educativa implicada”.

O secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García, considerou que o “éxito de participación” nestas iniciativas demostra “un interese cada vez maior pola nosa lingua e polo seu emprego desde as idades máis temperás e en todos os eidos”. Consecuentemente, asegurou que se corresponde tamén “cun maior prestixio do noso idioma e da nosa cultura”.

Consolidación do programa
Previamente, o pasado 6 de febreiro remataron as actividades propostas na cuarta edición de Modo Galego, actívao! Nesta edición participaron arredor de 2.700 alumnos e alumnas que contaron coa colaboración de case 300 docentes e uns 200 profesionais da educación non formal. O programa de actividades pechou cunha gran foliada en cada centro escolar que estivo dirixida polas pandeireteiras do grupo As Maianas e das asociacións de Bugallido, que ao igual que na edición anterior, cantaron e bailaron a canción Falo galego porque quero!!, que as propias Maianas crearon explicitamente para o Modo Galego.

A cuarta convocatoria volveu a ser un éxito en canto á participación e confirma a consolidación da experiencia. Durante catro semanas, os alumnos e alumnas de infantil á ESO dos 11 centros públicos amesáns asumiron un obxectivo común: falaren galego o maior tempo posible e en todas as situacións do día a día, da casa á escola e do parque ás actividades extraescolares. Os nenos e nenas foron os auténticos protagonistas dunha proposta de marcado carácter lúdico. Este ano como novidade, ademais do alumnado dos centros de ensino, participaron no programa os usuarios e usuarias das escolas deportivas municipais.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "O programa Modo Galego, Actívao! pecha edición cun festival en Bertamiráns tras mobilizar a 3.000 membros da comunidade educativa"

La Voz de Galicia: "Ames pechou cun animado festival o programa «Modo Galego, actívao!»"

amsGO!: "Uxía Lambona e a Banda Molona, A Gramola Gominola e As Maianas puxeron chispa ao festival Modo Galego, actívao!"

A rapazada de Ames canta e baila ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, A Gramola Gominola e As Maianas no festival Modo Galego, actívao!

Multimedia

  • A rapazada de Ames canta e baila ao ritmo de Uxía Lambona e a Banda Molona, A Gramola Gominola e As Maianas no festival Modo Galego, actívao!