Actualidad

Por ejemplo, 25-07-2026
Por ejemplo, 25-07-2026
Lunes, 22 de mayo de 2023
Cartaz do encontro literario con Marta Estévez

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza para este xoves, 25 de maio, un novo encontro literario no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. Desta volta, a autora protagonista será Marta Estévez, que presentará a súa primeira novela publicada, “El secreto de las hermanas Asorey”, de Plaza & Janes Editores. Estévez estará acompañada pola tamén escritora e xornalista Andrea Barreira Freije e pola concelleira de Cultura, Natividade González.

Martes, 16 de mayo de 2023
Cartaz da presentación de Susana Peix

A biblioteca municipal de Bertamiráns acollerá este sábado, 20 de maio, a presentación da colección de libros inclusivos “Lemos +6”, da man da súa autora, Susana Peix. Trátase dun evento que se celebra con motivo do 35 aniversario de Cumio Editorial, e que conta coa colaboración da libraría amesá Lenda. Será ás 12:00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Miércoles, 03 de mayo de 2023
Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de “Zentangle”

Dende o martes, 2 de maio, e ata o vindeiro mércores, 10 de maio, está aberto o prazo de inscrición no obradoiro “Zentangle”, organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. Trátase dunha técnica artística que consiste na creación de imaxes a través de patróns que se repiten. O taller está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de Primaria, e terá lugar na biblioteca do Milladoiro o venres 12 de maio, ás 17:30 horas, e na de Bertamiráns o sábado 13, ás 11:30 horas. Para anotarse é preciso escribir a biblioteca@concellodeames.gal indicando os datos persoais.

Martes, 02 de mayo de 2023
Abre o prazo de inscricións para participar nos contacontos de maio da biblioteca de Bertamiráns

Dende este martes, 2 de maio, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova actividade de animación á lectura, desta volta na biblioteca de Bertamiráns, na que se organizan tres sesións de contacontos. Celebraranse os días 9, 10 e 11 de maio ás 17:30 horas, e están dirixidos a crianzas de entre 3 e 8 anos. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, indicando nomes, apelidos, idades dos nenos/as e un teléfono de contacto. Tamén se pode chamar ao número 981 884 829. Para consultar a programación de contacontos do primeiro semestre do ano ao completo pódese premer nesta ligazón.

Lunes, 24 de abril de 2023
Cartaz do encontro literario con Charo Pita

Este mércores, 26 de abril, o departamento de Bibliotecas organiza un novo encontro literario no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. Desta volta, a autora protagonista será Charo Pita, que presentará a súa obra “Del cacao al chocolate, mitos y leyendas”, da editorial Libros de las Malas Compañías. A autora estará acompañada polo escritor Eduardo Rojas; e o evento será presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González.

Viernes, 14 de abril de 2023
Cartaz das actividades do departamento de Bibliotecas polo mes do libro

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames prepara co gallo da celebración do Mes do Libro, abril, unha serie de obradoiros, sesións de narrativa oral, concursos, teatro e encontros literarios. As actividades, que xa están postas en marcha dende comezos de mes, estenderanse ata o xoves 27. 

Miércoles, 12 de abril de 2023
Cartaz do encontro literario con Xelís de Toro

Este xoves, 13 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns un novo encontro literario, organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. Desta volta, o protagonista será o autor Xelís de Toro, que presentará a obra “Etceteramente”, editada por Xerais.

Martes, 11 de abril de 2023
Cartaz do encontro literario con Marilar Aleixandre

As bibliotecas municipais de Ames inician o mes do libro cun novo encontro literario. Nesta ocasión presentarase o libro “As malas mulleres” de Marilar Aleixandre. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns este mércores 12 de abril, ás 20:00 horas. A autora estará acompañada por María López Sández, Académica da RAG, autora e profesora universitaria.

Martes, 11 de abril de 2023
Cartaz dos obradoiros das bibliotecas municipais

Dende hoxe, e ata o vindeiro xoves, 20 de abril, está aberto o prazo de inscrición no obradoiro “A máquina de facer debuxos animados”, organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. O taller está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de Primaria, e terá lugar na biblioteca do Milladoiro o venres 21 de abril, ás 17:30 horas, e na de Bertamiráns o sábado 22, ás 11:30 horas. Para anotarse é preciso escribir a biblioteca@concellodeames.gal indicando os datos persoais. 

Sábado, 08 de abril de 2023
Cartaz da obra de teatro "O valo"

O departamento de bibliotecas de Ames propón dúas sesións de teatro para o mes de abril. A obra “O valo” será representada o venres 14 na biblioteca do Milladoiro, e o xoves 20 na de Bertamiráns. Trátase dun espectáculo infantil baseado no texto homónimo de Carlos Labraña, que gañou o IX Premio Manuel María de Literatura dramática infantil. A entrada é libre ata completar aforo.