Solapas principales

Charo Pita pecha os encontros literarios de abril presentando o libro “Del cacao al chocolate, mitos y leyendas”, este mércores 26

Lunes, 24 de abril de 2023

Este mércores, 26 de abril, o departamento de Bibliotecas organiza un novo encontro literario no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. Desta volta, a autora protagonista será Charo Pita, que presentará a súa obra “Del cacao al chocolate, mitos y leyendas”, da editorial Libros de las Malas Compañías. A autora estará acompañada polo escritor Eduardo Rojas; e o evento será presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González.

Todo procede da mesturanza e a mestizaxe. Tamén o cacao. Nel mestúranse a Historia coas historias, o amargo co doce, a bebida coas golosinas, a cultura precolombina coa europea e a africana, o mito e a lenda coa anécdota. A súa viaxe ao longo dos séculos, caracterizada por unha constante transformación, culminará coa aparición do chocolate tal e como o coñecemos agora. Unha auténtica aventura que merece ser contada, e que se narra no libro “Del cacao al chocolate, mitos y leyendas”.

A obra será presentada en Ames este mércores, 25 de abril, nun novo encontro literario organizado polo departamento de Bibliotecas. Terá lugar ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Charo Pita, a súa autora, estará acompañada polo escritor Eduardo Rojas e pola concelleira de Cultura, Natividade González.

A autora: Charo Pita
Charo Pita (1966) é escritora, actriz e contacontos. Ten publicado Igor (2001), Desde Arcadia para Govinda (2001, Premio de Poesía Espira Maior e O arco da vella (2009), entre outros títulos destinados tanto ao público adulto como infantil; e tocando varios xéneros literarios, narrativa breve e a poesía.

Pita estudou canto e interpretación, e é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca. Leva impartindo obradoiros de narración oral dende o ano 1994, e, como contacontos, fixo unha xira con Tim Bowley no ano 2009.

A autora ten recibido diversos galardóns, como o Premio Espiral Maior de Poesía por “Desde Arcadia para Govinda”, o premio do Certame Manuel Murguía de narracións breves por “Bochorno” e o premio do certame de poesía erótica Illas Sisargas por “O cuarto de Jane”.

Cartaz do encontro literario con Charo Pita

Multimedia

  • Cartaz do encontro literario con Charo Pita