Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de “Zentangle”

Miércoles, 03 de mayo de 2023

Dende o martes, 2 de maio, e ata o vindeiro mércores, 10 de maio, está aberto o prazo de inscrición no obradoiro “Zentangle”, organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. Trátase dunha técnica artística que consiste na creación de imaxes a través de patróns que se repiten. O taller está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de Primaria, e terá lugar na biblioteca do Milladoiro o venres 12 de maio, ás 17:30 horas, e na de Bertamiráns o sábado 13, ás 11:30 horas. Para anotarse é preciso escribir a biblioteca@concellodeames.gal indicando os datos persoais.

Con motivo do Día das Letras Galegas as bibliotecas de Ames organizan unha nova iniciativa de animación, desta volta dirixida á rapazada a partir de terceiro curso de Educación Primaria. Trátase dun obradoiro de Zentangle no que se traballará a biografía de Francisco Fernández del Riego.

O Zentangle é unha técnica artística que consiste na creación de imaxes a través de patróns que se repiten. Esta técnica, busca conseguir a calma en quen o realiza ou  mesmo en quen o observa. O seu nome, zentangle, provén das palabras zen,  meditación e tangle, enredo.

Cada participante traballará na biografía ilustrada do homenaxeado elaborando e deseñando un diario ou caderno coa técnica Zentangle  a partires de momentos clave na vida do homenaxeado. Ademais, traballarán coa imaxe gráfica de entidades clave para a cultura galega nas que Del Riego participou, dirixiu ou fundou como a presidencia da Real Academia Galega no 1997, a fundación da Editorial Galaxia no 1950, a reorganización do Partido Galeguista na clandestinidade en 1943, a creación da Fundación Penzol ou a dirección da revista galega de cultura Grial xunto a Ramón Piñeiro tamén no 1963.

O obradoiro de “Zentangle” desenvolverase tanto no Milladoiro (o venres 12 de maio, ás 17:30 horas) coma en Bertamiráns (o sábado 13, ás 11:30 horas). O prazo de inscrición está aberto dende o martes, 2 de maio, e ata o vindeiro mércores 10 de maio.

Para anotarse na actividade é preciso escribir un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal no se que indiquen nome, apelidos e idade dos nenos/as que vaian a participar, así como un número de teléfono de contacto. Para consultar calquera dúbida pódese chamar aos números de teléfono 981 530 807 (biblioteca do Milladoiro) e 981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns).

Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de “Zentangle”

Multimedia

  • Aberto o prazo de inscrición nos obradoiros de “Zentangle”