Solapas principales

Este xoves a escritora Marta Estévez presentará a novela “El secreto de las hermanas Asorey” nos Encontros literarios de Ames

Lunes, 22 de mayo de 2023

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza para este xoves, 25 de maio, un novo encontro literario no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. Desta volta, a autora protagonista será Marta Estévez, que presentará a súa primeira novela publicada, “El secreto de las hermanas Asorey”, de Plaza & Janes Editores. Estévez estará acompañada pola tamén escritora e xornalista Andrea Barreira Freije e pola concelleira de Cultura, Natividade González.

“El secreto de las hermanas Asorey” ambiéntase na Compostela no ano 1931. Nos albores da Segunda República, catro irmás afrontan a morte de seu pai, un reputado médico. Tilde, a maior, é autoritaria e pragmática; mentres que Tea, a segunda, é inestable e sofre dunha forte depresión. Eloísa, a terceira, é moderna e emancipada; e Celia, a menor, ten como principal obxectivo casarse. Todas pactan, por motivos secretos, esconder o cadáver, ata que a morte dunha rapaza que traballaba para a familia ameaza o seu acordo.

A obra será presentada este xoves, 25 de maio, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, nun novo encontro literario organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. Marta Estévez estará acompañada por Andrea Barreira Freije, xornalista e autora de numerosas obras de ficción. A encargada de presentar o evento será a concelleira de Cultura, Natividade González. 

A autora: Marta Estévez
Marta Estévez (Vigo, 1972) é viguesa de nacemento, aínda que reside actualmente na localidade de Teo. Licenciada en Filoloxía inglesa pola USC, exerceu a docencia durante anos, e creou o blog Sweet & Home.

“El secreto de las hermanas Asorey” é a primeira novela que publica, aínda que ten escritas outras tres que aínda non viron a luz: “El banquete perfecto”, “El murmullo de los ángeles” e “No moriré del todo”. “El banquete perfect” quedou entre as dez novelas finalistas do Premio Azorín 2019, mentres que “No moriré del todo” se clasificou entre as dez finalistas do Premio Planeta 2021.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Encontro literario con Marta Estévez no Pazo da Peregrina"

AMS GO!: "Marta Estévez presenta 'El secreto de las hermanas Asorey' este xoves en Bertamiráns"

Cartaz do encontro literario con Marta Estévez

Multimedia

  • Cartaz do encontro literario con Marta Estévez