Actualidad

Esta mañá presentouse a oitava edición do festival internacional de cinema infantil de Ames, que se vai a celebrar do 13 ao 16 de novembro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase da edición máis internacional e comprometida de Cinema Miúdo. Esta iniciativa está organizada polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña. Os abonos para o festival, que teñen un prezo de 3 euros, xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. O festival propón un programa cinematográfico amplo de curtametraxes internacionais, actuacións e obradoiros que combina calidade artística, orixinalidade e compromiso social. Nesta edición unha das sesións da selección oficial contará cun subtitulado específico para persoas con discapacidade auditiva. Proxectaranse filmes procedentes de 21 países diferentes, entre eles Corea do Sur, Croacia, Dinamarca ou os Países Baixos, o que reflicte o carácter internacional e plural do certame.

Este venres, 31 de outubro, ás 20.30 horas, chega á Casa da Cultura de Bertamiráns a representación de “Mofa e Befa: Os dous de sempre. O Regreso”, da compañía Producións Teatrais Excéntricas. A peza, dirixida para público adulto e incluída dentro da programación do Concello de Ames en conmemoración do Ano Castelao, conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames para o segundo semestre do ano.

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro volveron acoller un ano máis o Festival internacional de Maxia - FestiMax, unha das citas máis características do outono amesán, que se celebrou os días 23, 24, 25 e 26 de outubro. O evento, que conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, reuniu a preto de 1.100 persoas. Houbo espectáculos moi variados e de gran calidade artística. A veciñanza amesá puido desfrutar ao longo de catro xornadas dos espectáculos e obradoiros de magos galegos e internacionais. Nunha sondaxe que se fixo ao saír das distintas sesión da Gala máxica internacional, as persoas asistentes valoraron de xeito moi positivo os espectáculo de dita gala. As persoas que asiste cada ano manifestaron que se mantén o nivel dos distintos espectáculos ao longo dos anos. Preme nesta ligazón para ver a galería fotográfica do FestiMax 2025.

Este xoves, 23 de outubro, comezou a vixésima edición do Festival Internacional de Maxia de Ames, que se vai a celebrar ata o domingo 26 de outubro. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. O festival comezou co espectáculo “Imposible?!” do galego Mago Rafa, e co espectáculo “O Baúl da Maxia”, da caravana máxica da maga arxentina Lore Lavand, que estivo o xoves 23 na praza de Chavián, en Bertamiráns. A programación continua ao longo do venres, sábado e domingo. Aínda quedan algunhas entradas dispoñibles as dúas sesións da Gala Máxica Internacional, en Bertamiráns, e para os obradoiros de maxia, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

As casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán esta semana a vixésima edición do Festival Internacional de Maxia de Ames, que, nesta ocasión, terá lugar do 23 ao 26 de outubro. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Quedan poucas prazas dispoñibles para participar nos obradoiros de maxia. Así mesmo, aínda quedan algunhas entradas dispoñibles para o espectáculo “Imposible?!” do Mago Rafa e para as catro sesións da Gala Máxica Internacional, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Este venres, 17 de outubro, chega ao auditorio do Milladoiro unha nova proposta do Ames Cultural. Nesta ocasión, será a quenda da danza, co espectáculo “Nove Espellos” de Óscar Cobos. A representación, dirixida para público adulto, terá lugar ás 20.30 horas e pódense adquirir as entradas a través da Billeteira electrónica. Esta programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación do XX Festival Internacional de Maxia de Ames, que, nesta ocasión, terá lugar do 23 ao 26 de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Este ano contarase con propostas que se estrearon na edición do 2024 e que contaron cunha gran acollida, como O Baúl da Maxia ou Maxia para os nosos maiores. Por outra banda, contarase coa estrea do espectáculo “Imposible?!” do Mago Rafa e celebraranse os xa clásicos obradoiros de maxia e a Gran Gala Máxica Internacional. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Neste mes de outubro, retómase o Ames Cultural, que traerá unha ampla serie de propostas de artes escénicas ata o mes de novembro. Este venres, a peza teatral “Desexo” de Talía Teatro será a encargada de dar iniciar a programación. A representación terá lugar este venres, 10 de outubro, ás 20.30 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Quedan poucas entradas dispoñibles e poden mercarse a través da Billeteira Electrónica. Esta programación conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Centro Cultural Mahía, en colaboración coa Asociación Veciñal de Bugallido e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organizan o Festival Outono Escénico de Bugallido, un novo proxecto cultural que traerá ao longo do mes de outubro e novembro un total de tres propostas culturais á parroquia amesá. Deste xeito, búscase achegar as artes escénicas ás zonas do rural amesán xunto con descentralizar a actividade cultural dos núcleos urbanos do concello. A primeira xornada do festival celebrarase este domingo, 5 de outubro, ás 19.00 horas, coa representación de “SOFÁ (ao pé)" de Cía. martaalonsotejada na planta baixa do Centro Cultural Mahía. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Esta mañá o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a presentación da programación do Ames Cultural para os meses de outubro e novembro, formado por espectáculos de danza, teatro, proxeccións de cine; o festival de maxia de Ames FESTIMAX; o festival de cine infantil Cinema Miúdo; e a celebración de Santa Icía. As entradas xa poden adquirirse a través da Billeteira electrónica. A programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios e Turismo de Galicia, e da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
- ‹ anterior
- 10 de 74
- siguiente ›




