Actualidad
A localidade de Bertamiráns acolleu esta fin de semana a novena edición do Ames Jazz, unha iniciativa que combinou diversas propostas musicais durante as noites do venres 3 e o sábado 4 de xullo. O festival estivo protagonizado polos concertos de Manuel Cebrián Trío, Suelen Estar Quartet e MBM Trío. Este ano, tamén se incluíu na programación un ensaio aberto da Orquestra Galega de Liberación. O obxectivo deste festival é darlle visibilidade ao panorama do jazz galego. Nesta edición houbo unha boa afluencia de público. Preto de 500 persoas participaron nas diversas actividades do festival, que ano tras ano vaise afianzando como unha cita musical ineludible do verán amesán.

Este mércores, 8 de xullo, o concello de Ames acollerá a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura, e que conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Do 8 ao 12 de xullo, o festival reunirá 11 compañías e artistas nacionais e internacionais en cinco concellos galegos e incorpora como principal novidade ABANEA CANLE, unha nova liña documental que ampliará a memoria do proxecto. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación completa do Abanea 2026.

O vindeiro sábado, 18 de xullo, a partir das 21:00 horas, celebrarase unha nova edición das “Noites en Vela”, un evento que xa é toda unha tradición e que vincula anualmente aos concellos de Ames e Negreira dende o 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021. Este ano os grupos encargados de amenizar a noite serán o cuarteto Balteira e mailo grupo de gaitas amesán da Asociación Cultural Follas Novas. Ademais, haberá un espectáculo pirotécnico que poñerá o punto final á velada. O acceso ao evento é de balde. A actuación de Balteira está subvencionada pola Xunta de Galicia dentro do programa Cultura no Camiño 2026. Haberá un servizo de autobús gratuíto que percorrerá O Milladoiro, Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns.

O jazz volve un ano máis ao Pazo da Peregrina coa celebración da novena edición do Ames Jazz, unha iniciativa do departamento de Cultura que se desenvolverá o venres 3 e o sábado 4 de xullo. Nesta ocasión, o programa inclúe os concertos de Manuel Cebrián Trío, Suelen Estar Quartet e MBM Trío. Este ano, tamén se inclúe na programación un ensaio aberto da Orquestra Galega de Liberación. O obxectivo deste festival é darlle visibilidade ao panorama do jazz galego. A entrada é libre e gratuíta.

Escena Galega recoñece na cuarta edición dos seus Recoñecementos das Artes Escénicas a sete persoas, colectivos e entidades que representan ámbitos esenciais para a creación, a exhibición, a técnica, a xestión cultural e o desenvolvemento do sector escénico galego. A asociación distinguiu o labor de profesionais, entidades e proxectos fundamentais para o desenvolvemento e fortalecemento das artes escénicas galegas. Fíxoo nunha festa de verán no Pazo da Peregrina presentada pola bailarina, coreógrafa e socia Marta Alonso Tejada. Ao acto asistiron o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, acompañado de concelleiros/as do Goberno municipal, do Partido Popular e do BNG.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abriu este luns, 29 de xuño, o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os/as interesados/as en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas.

O vindeiro mércores, 8 de xullo, o concello de Ames acollerá a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Do 8 ao 12 de xullo desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. A programación do festival foi presentada hoxe na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. En representación do Concello de Ames acudiu a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz. O acto incluíu unha breve actuación en directo a cargo do bailarín Martín Blanco coa peza Máis.

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Desde o día 1 ata o 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría. Na actualidade, 15 agrupacións musicais fan uso destas instalacións, que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as.

A asociación Escena Galega celebrará o vindeiro martes, 30 de xuño, a gala de entrega dos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas. Pensada como unha festa de verán con aperitivo e música, a presentadora será a socia Marta Alonso Tejada, quen ademais ofrecerá unha pinchada musical. A cita será a partir das 22.00 horas no Pazo da Peregrina de Ames. Esta actividade de Escena Galega conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e do Concello de Ames.

O Concello de Ames vén de presentar a programación estival “Verán en Ames 2026”, que encadea tres meses seguidos cheos de actividades e festexos. Entre todas propostas programadas destacan as festas da Madalena do Milladoiro, do 1 ao 4 de agosto, e as da Peregrina de Bertamiráns, do 5 ao 9. Ademais inclúense actividades para todos os públicos: os Seráns de Ames, as Noites en Vela, o festival Ames Jazz, o Millarock, o acto do Día de Galicia ou festival ABANEA. Premendo nesta ligazón poderse obter máis información sobre a programación.
- ‹ anterior
- 3 de 73
- siguiente ›




