Actualidad

Por ejemplo, 12-11-2025
Por ejemplo, 12-11-2025
Lunes, 20 de octubre de 2025
Últimas entradas para asistir aos espectáculos da XX edición do Festival de Maxia de Ames “Festimax”

As casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán esta semana a vixésima edición do Festival Internacional de Maxia de Ames, que, nesta ocasión, terá lugar do 23 ao 26 de outubro. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Quedan poucas prazas dispoñibles para participar nos obradoiros de maxia. Así mesmo, aínda quedan algunhas entradas dispoñibles para o espectáculo “Imposible?!” do Mago Rafa e para as catro sesións da Gala Máxica Internacional, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Martes, 14 de octubre de 2025
Chega este venres ao Milladoiro o espectáculo de danza de Óscar Cobos “Nove espellos”

Este venres, 17 de outubro, chega ao auditorio do Milladoiro unha nova proposta do Ames Cultural. Nesta ocasión, será a quenda da danza, co espectáculo “Nove Espellos” de Óscar Cobos. A representación, dirixida para público adulto, terá lugar ás 20.30 horas e pódense adquirir as entradas a través da Billeteira electrónica. Esta programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia.

Martes, 07 de octubre de 2025
Ames celebra este 2025 as dúas décadas do seu Festival Internacional de Maxia, FestiMax

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación do XX Festival Internacional de Maxia de Ames, que, nesta ocasión, terá lugar do 23 ao 26 de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Este ano contarase con propostas que se estrearon na edición do 2024 e que contaron cunha gran acollida, como O Baúl da Maxia ou Maxia para os nosos maiores. Por outra banda, contarase coa estrea do espectáculo “Imposible?!” do Mago Rafa e celebraranse os xa clásicos obradoiros de maxia e a Gran Gala Máxica Internacional. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Lunes, 06 de octubre de 2025
Volve o Ames Cultural coa representación este venres no Milladoiro de “Desexo” de Talía Teatro

Neste mes de outubro, retómase o Ames Cultural, que traerá unha ampla serie de propostas de artes escénicas ata o mes de novembro. Este venres, a peza teatral “Desexo” de Talía Teatro será a encargada de dar iniciar a programación. A representación terá lugar este venres, 10 de outubro, ás 20.30 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Quedan poucas entradas dispoñibles e poden mercarse a través da Billeteira Electrónica. Esta programación conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. 

Martes, 30 de septiembre de 2025
O Centro Cultural Mahía acollerá a primeira edición do Festival Outono Escénico Bugallido, un proxecto que traerá as artes escénicas ao rural amesán

O Centro Cultural Mahía, en colaboración coa Asociación Veciñal de Bugallido e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organizan o Festival Outono Escénico de Bugallido, un novo proxecto cultural que traerá ao longo do mes de outubro e novembro un total de tres propostas culturais á parroquia amesá. Deste xeito, búscase achegar as artes escénicas ás zonas do rural amesán xunto con descentralizar a actividade cultural dos núcleos urbanos do concello. A primeira xornada do festival celebrarase este domingo, 5 de outubro, ás 19.00 horas, coa representación de “SOFÁ (ao pé)" de Cía. martaalonsotejada na planta baixa do Centro Cultural Mahía. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.  

Viernes, 26 de septiembre de 2025
O Concello de Ames presenta a programación  cultural para os meses de outubro e novembro

Esta mañá o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a presentación da programación do Ames Cultural para os meses de outubro e novembro, formado por espectáculos de danza, teatro, proxeccións de cine; o festival de maxia de Ames FESTIMAX; o festival de cine infantil Cinema Miúdo; e a celebración de Santa Icía. As entradas xa poden adquirirse a través da Billeteira electrónica. A programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios e Turismo de Galicia, e da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Jueves, 25 de septiembre de 2025
O Concello de Ames homenaxea á figura de Castelao con teatro, arte urbana, unha exposición e cine

O Concello de Ames está inmerso na celebración do Ano Castelao. Este ano 2025 conmemorase o 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unhas das figuras máis ilustres da cultura galega. Para elo preparouse unha programación específica que comezou no mes de maio coa exposición dunha reprodución do cadro “A derradeira leición do mestre”. Este mes de setembro representouse a obra Castelao de Culturactiva Producións e o vindeiro 7 de novembro representarase o espectáculo “Os dous de sempre. O regreso”, a cargo de Mofa e Befa. Dentro do ciclo Cine de Outono proxectarase o filme “Antes de nós”. Ademais, Fernando Yáñez, coñecido por ilustrar os murais solidarios da fundación Art for Dent, realizou unha intervención artística urbana ao aire libre, na que empregou como soporte as caixas de luz de dúas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, para pintar a imaxe de Castelao. Premendo nesta ligazón podes descargar a programación elaborada con motivo do Ano Castelao.

Lunes, 22 de septiembre de 2025
Aberto o prazo de preinscrición para matricularse nas clases da A.C. Os Castros para o curso 2025-2026

A asociación cultural Os Castros abre o prazo de preinscrición para matricularse nas clases correspondentes ao curso 2025-2026. Como vén sendo habitual, dende a asociación ofertan a súa escola de gaita e percusión; escla de baile e escola de música e baile (unha actividade de música escollida xunto con baile tradicional). Deste xeito, a veciñanza interesada en participar pode realizar o prazo de preinscrición ata o vindeiro venres, 26 de setembro. Pode realizarse enviando un correo electrónico ao enderezo correo@acoscastros.es ou de xeito presencial na rúa Alcalde Lorenzo Nº2 1ºLocal 3, en Bertamiráns, de 20.30 a 21.30 horas. 

Domingo, 14 de septiembre de 2025
Imaxe da peza "Castelao" de Culturactiva producións

Volve a programación teatral a Ames para os derradeiros meses do ano. Nesta ocasión, chegará este venres, 19 de setembro, ao auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas, a obra infantil “Castelao” de Culturactiva producións. Ademais, esta representación teatral forma parte da programación para conmemorar o Ano Castelao polo 75º aniversario da súa morte. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames para o segundo trimestre do ano. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira electrónica

Miércoles, 03 de septiembre de 2025
Os Seráns de Ames chegan ao remate da súa quinta edición

Na súa quinta edición, os “Seráns de Ames”,  chegaron ás as parroquias de Ortoño, Covas e Transmonte. Ao longo das seis sesións que conformaron os seráns deste ano, a acollida entre a veciñanza foi positiva, contando cunha boa resposta do  público ao longo de tódalas xornadas. Pódese acceder á galería dos seráns na seguinte ligazón