Pestanas principais

Xunta de voceiros/as

A Xunta de Voceiros/as é un órgano deliberante e consultivo, presidido polo presidente do Pleno ou o concelleiro/a en quen delegue, e integrada polos voceiros e secretarios dos grupos políticos municipais. Os seus acordos adóptanse por voto ponderado.

Funcións: 

A principal función da Xunta de Voceiros/as é debater a orde do día das sesións ordinarias do Pleno en relación cos asuntos sobre os que se vai a establecer debate, a orde de intervención dos grupos, os tempos de debate e calquera outra cuestión relacionada co funcionamento das sesións do Pleno. As funcións atribuídas á Xunta de Voceiros respecto do Pleno exerceranse nas Comisións polos seus presidentes e voceiros/as.