Pestanas principais

Departamento de Secretaría e Administración Xeral

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención ao público: de 9:00-14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Administración Xeral.
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estrutura do servizo: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesoría xurídica do Concello
    • Informar e asesorar sobre os asuntos plenarios. Conformación dos plenos e comisións, xuntas de goberno
    • Levantar acta das sesións dos órganos colexiados
    • Certificación dos actos ou resolucións da Presidencia e os acordos dos órganos colexiados decisorios, así como dos antecedentes, libros e documentos do Concello.
    • Remitir á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma, nos prazos e formas determinados reglamentariamente, copia ou, no seu caso, extracto dos actos e acordos dos órganos decisorios da Corporación, tanto colexiados como unipersonais.
    • Levar e custodiar o Rexistro de Intereses dos membros da Corporación e o Inventario de Bens.
    • Acompañar ao Alcalde-Presidente ou membros da Corporación nos actos de sinatura de contratos ou escrituras.
    • Xestión da área de contratación. Realización do Plan de contratación semestral.
    • Xestión dos RRHH do Concello de Ames.
  • Bolsas de traballo
  • Procesos selectivos
  • Perosal Municipal
  • Novas relacionadas
  • Axenda.

Novas do departamento

Este xoves, 24 de novembro, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario correspondente a este mes de novembro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá a aprobación da cuarta modificación do Regulamento Orgánico Municipal (ROM), a elección de xuíz/a de paz substituto e maila aprobación do suplemento de crédito 5/2022 con remanente de tesourería para gastos xerais. O pleno poderase seguir por streaming a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este xoves, día 29, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a corrección do acordo plenario de participación no plan POS +Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024; a aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso publico con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica; e maila elección de xuíza de paz titular do Concello de Ames. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este xoves, 24 de febreiro, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario do mes de febreiro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana e sobre a aprobación do expediente de licitación do servizo de limpeza integral nas instalacións municipais e nos centros educativos do concello de Ames. Ademais, darase conta da execución trimestral sobre o período medio de pago a provedores e do informe de morosidade relativo ao cuarto trimestre de 2021. Tamén se dará conta das queixas, suxestións e reclamacións presentadas no ano 2021.

Este martes, 28 de decembro, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario do mes de decembro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá sobre a rectificación do Inventario municipal, que leva sen actualizar dende hai 20 anos. Na mesma sesión abordarase a solicitude dunha subvención á Deputación para a creación dun área de autocaravanas en Bertamiráns; o incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento 2021; a continuidade da prestación do servizo do Ciclo Integral da Auga pola concesionaria do servizo, Espina & Delfín SL, a partir do 31 de decembro de 2021; a sétima prórroga do contrato asinado coa empresa Urbaser SA, para a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo polo prazo de seis meses; e maila revisión dos prezos de Urbaser SA para 2021.  Ademais, abordaranse dúas propostas: a primeira presentada por Ames Novo trata sobre a adecuación dos límites de velocidade ao establecido polo Real Decreto 970/2020 en diversas estradas do concello. Na segunda proposta, presentada polos grupos municipais socialista, Contigo Podemos e Ames Novo, ínstase ás autoridades da República de El Salvador a cumprir a sentenza do Tribunal Iberoamericano de Dereitos Humanos no chamado “Caso Manuela”,  que insta ao goberno dese país a reformar a lei que penaliza calquera tipo de aborto, incluso o terapéutico.

Este xoves, día 25, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a revisión de prezos dos contratos de xestión do Servizo de Axuda no Fogar e do servizo público do Ciclo Integral da Auga. Tamén se abordarán dúas mocións. A primeira presentada polo grupo municipal de Espazo Común para a inclusión no vindeiro orzamento municipal dunha partida de carácter participativo para as asociacións veciñais. Na segunda moción, que foi presentada polo grupo municipal do BNG, demándase que a Xunta de Galicia desenvolva accións para paliar as consecuencias da “marea plástica” nas costas galegas. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este xoves, día 28, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a solicitude dunha subvención á Deputación provincial da Coruña, mediante convenio de colaboración, para o cofinanciamento da realización das actividades do proxecto Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de Ames. Tamén se abordará a solicitude dunha subvención nominativa á Deputación provincial da Coruña para a execución das obras de creación dunha área de autocaravanas en Bertamiráns. Outros temas que se tratarán serán o inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz titular do Concello de Ames e maila modificación do lote 2 do servizo de monitorización dos programas municipais de conciliación de vida laboral e familiar (monitores de almorzos en Bos días cole). O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este mércores, 15 de xullo, celebrarase un pleno extraordinario e urxente no que se abordará a solicitude dunha subvención nominativa, a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ames, para a construción do mercado municipal de abastos. Este proxecto enmárcase dentro do plan Conecta Ames, incluído dentro da convocatoria para a asignación de senda financeira do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional aos plans EDIL, no marco do desenvolvemento urbano sostible, con cargo ao FEDER para o período 2021-2027. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

O salón de plenos da Casa do Concello acollerá este mércores, 13 de novembro, unha sesión plenaria extraordinaria na que se debaterá a proposta de subsanación na documentación de solicitude de axuda ao Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), o abeiro do Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real decreto 1516/2018, de 28 de decembro, e Real decreto 316/2019, do 26 de abril. Dende o IDAE requíreselle ao Concello de Ames a subsanación na documentación aportada para acollerse a dita subvención, e que pasa por aportar un novo certificado do acordo do Pleno que aprobe, de forma expresa, todos e cada un dos puntos establecidos no artigo 12.4 do Real decreto 616/2017, e que na memoria do proxecto se inclúa o dato da suma total das potencias contratadas de todos os cadros. A sesión plenaria desenvolverase ás 20:30 horas.

Este xoves, 25 de xuño, o Concello de Ames celebra unha nova sesión plenaria, neste caso a ordinaria do mes de xuño. Despois de tres meses retómanse os plenos presenciais, pero para poder cumprir as medidas de distancia de seguridade o pleno desenvolverase no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá a adxudicación do Servizo e Axuda no Fogar; a incorporación do local adquirido para o coworking ao inventario municipal de bens; a aprobación definitiva do estudio de detalle das parcelas R4 e R5 do ámbito de solo urbano non consolidado PB7-04 “Rego dos Pasos Sur II” do PXOM; a modificación de data de desconexión da sede electrónica da Deputación provincial da Coruña; a ratificación de dous decretos de Alcaldía; e tres propostas presentadas polos grupos municipais socialista e do BNG. Estes temas foron previamente tratados nas comisións informativas celebradas o pasado venres 19 de xuño.

Este xoves, 28 de maio, celebrarase de forma telemática o pleno ordinario correspondente ao mes de maio, a través da aplicación Councilbox subministrada por AVA Soluciones tecnológicas. A Corporación municipal debaterá a segunda prórroga do contrato de xestión do servizo público Ciclo Integral da Auga; a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) de Galicia; e a aprobación proxecto corrixido de reforma vestiarios campo de fútbol de Bertamiráns. Ademais, abordarse a incorporación do Concello de Ames á Incorporación á Red Innpulso; a modificación da ordenanza número 3 reguladora do prezo público pola utilización das instalacións deportivas e culturais; a modificación das bases número 20 e 26 do orzamento municipal de 2020; o recurso de reposición presentado por Serviocio contra o acordo plenario do 16 de abril de 2020, así como a ratificación de tres decretos de alcaldía aprobados durante este mes de maio.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.