Pestanas principais

Departamento de Secretaría e Administración Xeral

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención ao público: de 9:00-14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Administración Xeral.
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estrutura do servizo: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesoría xurídica do Concello
    • Informar e asesorar sobre os asuntos plenarios. Conformación dos plenos e comisións, xuntas de goberno
    • Levantar acta das sesións dos órganos colexiados
    • Certificación dos actos ou resolucións da Presidencia e os acordos dos órganos colexiados decisorios, así como dos antecedentes, libros e documentos do Concello.
    • Remitir á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma, nos prazos e formas determinados reglamentariamente, copia ou, no seu caso, extracto dos actos e acordos dos órganos decisorios da Corporación, tanto colexiados como unipersonais.
    • Levar e custodiar o Rexistro de Intereses dos membros da Corporación e o Inventario de Bens.
    • Acompañar ao Alcalde-Presidente ou membros da Corporación nos actos de sinatura de contratos ou escrituras.
    • Xestión da área de contratación. Realización do Plan de contratación semestral.
    • Xestión dos RRHH do Concello de Ames.
  • Bolsas de traballo
  • Procesos selectivos
  • Perosal Municipal
  • Novas relacionadas
  • Axenda.

Novas do departamento

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a actualización puntual do inventario municipal do Concello de Ames, a desafectación dun anaco de camiño de 92 metros cadrados da concentración parcelaria de Covas, a modificación da ordenanza xeral de subvencións, e a ratificación do decreto da Alcaldía sobre a corrección de deficiencias do proxecto de obras de renovación de beirarrúas na avenida da Maía ata o límite municipal con Brión. Ademais, aprobáronse as catro mocións presentadas polos grupos municipais do Partido Popular, BNG e PSdeG-PSOE. Unha vez rematado o pleno o alcalde e voceiros/as dos grupos políticos municipais despedíronse da interventora municipal que deixa o seu posto en Ames. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno.

Este xoves, 3 de setembro, o Concello de Ames celebrou unha nova sesión plenaria, neste caso a ordinaria do mes de agosto. En dito pleno a Corporación municipal deulle aprobación a un crédito extraordinario por valor de 116.509,57 euros. Dito importe representa o 20% da achega que fará o Concello de Ames para o Plan provincial Reactiva. Ao Concello de Ames correspóndenlle 582.547 euros, dos cales o organismo provincial achega o 80% (466.038,29 euros). Este fondo está dirixido ás microempresas e ás persoas traballadoras autónomas, co fin de que poidan facer fronte ás consecuencias da crise sanitaria provocada pola Covid-19 e a paliar o seu impacto económico e social. No pleno deste xoves tamén se aprobaron os festivos locais para 2021 e unha proposta presentada polo grupo municipal socialista sobre o protocolo fronte ao coronavirus na volta ás aulas este vindeiro curso escolar.

A Corporación municipal aprobou por maioría simple o crédito extraordinario 1/2025, financiado con baixas por anulacións, por valor de 221.207,94 euros. Ademais, foi aprobada por unanimidade a derrogación da ordenanza municipal reguladora da prestación de alimentos; a modificación do expediente de gasto do convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, o Concello de Ames e a UTE “XG-807”, para a implantación dun servizo de interese municipal (SIMU); a extensión da vixencia para o período 2025-2029 do plan de continuidade da protección contra incendios forestais mediante a plantación de frondosas; e a proposta de resolución de alegacións e remisión ao Consello Consultivo de Galicia do segundo expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar. Tamén foi aprobada por maioría absoluta a modificación da base número 50 do orzamento municipal de 2024, prorrogado para 2025, sobre as subvencións nominativas para o exercicio 2025; e a aprobación inicial da quinta modificación puntual do regulamento orgánico municipal. Por último, aprobouse por unanimidade unha moción, presentada polo grupo municipal popular de Ames, con motivo do día internacional das mulleres, 8 de marzo. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este luns, 11 de setembro, celebrouse o pleno ordinario do mes de agosto. En dita sesión plenaria a Corporación municipal aprobou todos os puntos que recollía a orde do día. Deste xeito, aprobouse o nomeamento de representantes da corporación na Asociación Terras de Compostela, a alteración da cualificación xurídica dun camiño público en Firmistáns e a fixación dos festivos locais para o ano 2024. Por outra banda, déuselle luz verde á solicitude de participación no POS+ Adicional 2023, ao recoñecemento extraxudicial de créditos 2/2023 e á modificación do suplemento de crédito 1/2023. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou no pleno ordinario de setembro un suplemento de crédito, financiado con remanente de tesourería, para financiar o proxecto de adquisición dun ben inmoble para o seu uso como centro Coworking. Ademais, aprobouse por unanimidade a adhesión á Central de contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP); a aprobación do proxecto modificado da segunda fase de mellora da accesibilidade universal en edificios públicos; e maila proposta do concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego, relativa á instauración dunha hora sen ruído en todas as festas do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou por maioría simple un suplemento de crédito, por valor de 550.220,30 euros, financiado cunha operación de crédito, para o financiamento do contrato para o remate das obras de construción do centro multifuncional do Milladoiro, que está dirixido á mocidade e a persoas en risco de exclusión social. Ademais, aprobouse tamén por maioría simple unha transferencia de crédito por valor de 150.247,16 euros, para sufragar gastos de distintos servizos municipais antes de que remate o exercicio 2025. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

A Corporación municipal aprobou esta mañá nun pleno extraordinario, celebrado no Pazo da Peregrina, a modificación do suplemento de crédito 1/2023, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais (baixa de créditos). Tamén se aprobou o suplemento de crédito 3/2023 por importe de 337.680,26 euros. A gravación do pleno pódese ver na canle de Youtube do Concello de Ames.

Este xoves, 26 de novembro, o Concello de Ames celebrou unha nova sesión plenaria, neste caso a ordinaria do mes de novembro. En dito pleno a Corporación municipal deulle aprobación por maioría absoluta ao suplemento de crédito 3/2020, por valor de 1.102.055,80 euros, financiado con remanente de tesourería para gastos de investimentos, gasto corrente, e para os xuros correspondentes á devolución dos avais incautados para o P. EM05-03. Ademais, aprobáronse dous proxectos relacionados co Ciclo integral da auga; a revisión de prezos do contrato de concesión da limpeza viaria e xestión do Punto Limpo; a elección da xuíza de paz titular do Concello de Ames; a aprobación do Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sostible (PACES); e dúas propostas para a creación dunha canle Xabarín Club na TVG; e de apoio á cultura e a súa declaración como ben de primeira necesidade. Tamén se aprobaron unha moción sobre a inscrición da técnica das alfombras florais na lista do patrimonio inmaterial da UNESCO e unha declaración institucional por unha solución xusta e pacífica do conflito do Sáhara occidental.

Este xoves, 27 de abril, celebrouse o pleno ordinario correspondente ao mes de abril. En dita sesión plenaria a Corporación municipal aprobou o cambio da forma de xestión do servizo público do Ciclo Integral da Auga cos votos a favor dos grupos de Goberno (PSOE, BNG e Contigo Podemos) e da concelleira non adscrita e a abstención do PP e Ciudadanos. O resto dos puntos, a aprobación definitiva do texto refundido do regulamento da rede municipal de comedores escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, a rectificación do nome da obra de implantación de cociña central en Bertamiráns, a emenda de deficiencias na redacción do proxecto das obras de pavimentación no núcleo de Framil e a proposta na que se lle instaba á Consellería de Infraestruturas melloras na estrada AC-544 ao seu paso por Reino e Piñor; foron aprobados pola unanimidade da Corporación Municipal. 

Este xoves, 26 de xaneiro, celebrouse o primeiro pleno ordinario de 2023. En dita sesión plenaria a Corporación municipal aprobou por unanimidade todos os puntos recollidos no apartado de deliberación e acordo. Deste xeito aprobouse iniciar o expediente para a prestación do servizo de transporte público de Ames; a prórroga obrigatoria do actual contrato do SAF; a resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación puntual do regulamento de funcionamento dos servizos de Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas; a declaración de especial interese das obras de edificación da residencia de persoas maiores no Milladoiro, para a posterior concesión de bonificación na cota do ICIO; a aprobación inicial da ordenanza fiscal da taxa pola utilización das instalacións culturais de propiedade municipal; e maila elección da xuíza de paz substituta. Ademais, aprobouse por unanimidade unha declaración institucional sobre o centenario da fundación en Ortoño do Seminario de Estudos Galegos e unha moción en apoio da comunidade educativa do CEIP de Barouta para a mellora das infraestruturas escolares e da seguridade viaria. Tamén se aprobou por maioría absoluta unha moción en apoio á iniciativa lexislativa popular para salvar e fortalecer a Atención Primaria e á manifestación do día 12 de febreiro en Santiago en defensa da sanidade pública. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno ordinario de xaneiro.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.