- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
O programa “AmesON” organiza un novo concerto o venres 13 de agosto. O dúo Sond de Caracas actuará no Parque de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas. O evento estaba previsto para o pasado 19 de xuño pero, polas condicións meteorolóxicas, adiouse a esta nova data.
A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames, organiza a primeira festa de Samaín o vindeiro luns, 31 de outubro, co obxectivo de recadar fondos para a celebración das festas de Bertamiráns de 2023. Haberá unha actuación musical para nenos e nenas ás 18.00 horas, da man de Música Miúda, e actuará tamén o grupo Urakán, a partir das 20.30 horas. A festa será no aparcadoiro da Telleira. Entre as persoas que acudan á festa disfrazadas sortearase unha cesta para facer un cocido. Haberá servizo de cantina.
O Concello de Ames acollerá esta semana, dentro da programación do Nadal 2022, unha serie de obradoiros de creacións artesanais, os “talleres e xogos do mundo”, nos que se traballará con elementos típicos de Nadal. Celebraranse o mércores 28, o xoves 29 e o venres 30, nas prazas de Manuel Murguía, no Milladoiro, e da Maía, en Bertamiráns. A programación de Nadal ao completo pódese consultar premendo nesta ligazón.
O Concello de Ames participará un ano máis no encontro “Innpulso Emprende 2026”, organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU). Ames forma parte desta rede dende o ano 2018. O evento celebrarase os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa. O proxecto que representará ao noso municipio nesta edición será presentado por persoal da empresa tecnolóxica situada no Milladoiro, Binarial. Esta entidade traballa no desenvolvemento de robótica aplicada á industria.
Arrancou a nova edición do Canta con Ames e, despois de dúas xornadas de preselección, unha no Milladoiro e outra en Bertamiráns, xa se coñecen os nomes que pasarán á semifinal do próximo 3 de agosto na praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Esta nova edición está a mellorar os rexistros da anterior en canto a asistencia ao evento e participación, pois con respecto ao ano anterior, os participantes aumentaron nun 60%. Preme nesta ligazón para ver a galería de fotos da fase de preselección.
A empresa CATEC vén de inaugurar hoxe a súa sede e centro de traballo en Galicia, o Centro Avanzado de Tecnoloxías Aeroespaciais, o maior centro tecnolóxico aeroespacial privado en España e centro de referencia en Europa, especializado no desenvolvemento de I+D+i para a industria aeronáutica, espacial e de defensa.
Catro coworkers do espazo colaborativo A Proa do Concello de Ames (Rosa Taboada, fotógrafa e produtora audiovisual; Marcos Estévez, enxeñeiro forestal; Natalia Albaredo, arquitecta; e Diego Paz Ouviña, de proxecto Temporit, produtor audiovisual e que fai seguimento audiovisual de obras) participaron na Feira das Profesións 2024, organizado polos departamentos de orientación do IESP de Ames, o IES de Brión e o IES Xulián Magariños de Negreira. O evento organizouse no pavillón deportivo de Brión en horario de mañá e tarde. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, estivo cos coworkers da Proa na Feira das Profesións.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza para este sábado, 31 de decembro, outra das iniciativas que se enmarcan dentro da programación de Nadal, as Prebadaladas de fin de ano, que terán lugar na praza do Concello, en Bertamiráns, a partir das 11:00 horas. Haberá animación da man dos gañadores/as das últimas dúas edicións do concurso Canta con Ames. Ademais, entre os asistentes repartiranse bolsas con cotillón, chicharróns e arandos, e para os máis pequenos tamén haberá lambetadas sen glute e batidos. Na praza instalarase unha carpa para que os asistentes poidan gozar da actividade en caso de previsión meteorolóxica adversa.
A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), coa colaboración do Concello de Ames, organiza este venres, 12 de setembro, “Stock Fóra”, unha iniciativa coa que se busca impulsar a compra no comercio local e dinamizar as rúas de Ames con música, animación nas rúas, sorteos e descontos ao longo de toda a xornada. Deste xeito, haberá dúas actuacións de maxia a cargo do mago Charly na Avenida da Maía, unha ás 17.00 horas á altura de Koti e outra, ás 18.30 horas, a carón do salón de peiteado Imperfect. Tamén haberá un fotomatón e música a partir das 20.30 horas coa discomóbil Animus na rúa do Ameneiral. Ademais, nesta xornada realizarase un sorteo presencial dun vale de 500 euros para gastar nos comercios adheridos a XEA. O sorteo terá lugar ás 20.45 horas na rúa do Ameneiral.
A pasada fin de semana púxose en marcha o mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, que se vai a celebrar tódolos sábados na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas. Ademais dos postos de venda, cada semana haberá diferentes obradoiros de artesanía e cociña, degustacións e catas e sorteos de produtos. Este vindeiro sábado, 27 de setembro, será a quenda da estrea do “Club tixolas”, un club de cociña para nenos e nenas de 6 a 12 anos que pretende achegar aos máis pequenos ao mundo culinario e a realizar receitas con produtos frescos de proximidade. Terá lugar desde as 11.30 ata as 13.00 horas. A inscrición é de balde e estará aberta ata este venres ás 14.00 horas. Para inscribirse, hai que enviar un correo ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal co nome, apelidos e idade do menor xunto cun teléfono de contacto. Hai 30 prazas dispoñibles.
- ‹ anterior
- 21 de 66
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan realizar as cúas compras de Nadal no comercio local. Este servizo estará dispoñible do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns.
Esta actividade destinada a nenos de entre 6 a 12 anos desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal. Prazo aberto ata o 18 de decembro.
Obradoiro destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos, que terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que se require inscrición enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.
A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), coa colaboración do Concello de Ames, organiza este venres, 12 de setembro, “Stock Fóra”, unha iniciativa coa que se busca impulsar a compra no comercio local e dinamizar as rúas de Ames con música, animación nas rúas, sorteos e descontos ao longo de toda a xornada. Deste xeito, haberá dúas actuacións de maxia a cargo do mago Charly na Avenida da Maía, unha ás 17.00 horas á altura de Koti e outra, ás 18.30 horas, a carón do salón de peiteado Imperfect. Tamén haberá un fotomatón e música a partir das 20.30 horas coa discomóbil Animus na rúa do Ameneiral. Ademais, nesta xornada realizarase un sorteo presencial dun vale de 500 euros para gastar nos comercios adheridos a XEA. O sorteo terá lugar ás 20.45 horas na rúa do Ameneiral.
O obradoiro terá lugar na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Está destinado a nenos e nenas de entre 7 a 12 anos e as prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, con prazo ata o 18 de decembro.
O obradoiro, destinado a un público adulto, terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que é necesario enviar un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal. O prazo está aberto ata o 18 de decembro.
Obradoiro destinado a nenos e nenas de entre 3 a 6 anos, que terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que se necesita inscrición previa enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal.
O sábado 23 de decembro Papá Noel visita aos máis pequenos na Casa dos Maiores de Bertamiráns. Faráo en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
O venres 22 de decembro Papá Noel visita aos máis pequenos na Casa dos Maiores do Milladoiro. Faráo en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
O día 5 de xaneiro está previsto que as súas maxestades os Reis Magos visiten as distintas parroquias do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 21 de 22
- seguinte ›




