- Tematica
Arrancou a nova edición do Canta con Ames e, despois de dúas xornadas de preselección, unha no Milladoiro e outra en Bertamiráns, xa se coñecen os nomes que pasarán á semifinal do próximo 3 de agosto na praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Esta nova edición está a mellorar os rexistros da anterior en canto a asistencia ao evento e participación, pois con respecto ao ano anterior, os participantes aumentaron nun 60%. Preme nesta ligazón para ver a galería de fotos da fase de preselección.
O concurso, presentado por Loly Gómez, contou cun xurado experimentado composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, quenes destacaron o “gran nivel amosado por todos os participantes” e o “reto que supuxo escoller aos semifinalista desta edición”. Pola súa parte, a concelleira de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal, Ana Belén Paz, mostrou a súa satisfacción pola gran acollida desta cuarta edición do certame.
Semifinalistas
Das 32 persoas inscritas de Lugo, A Estrada, Brión, Padrón, Pontevedra, Cambre, Laracha, Vigo, Silleda, Teo, Madrid e Ames xa só quedan 24, que loitarán en Manuel Muguía o próximo 3 de agosto por meterse na final que se celebrará no parque do Ameneiral de Bertamiráns o 11. Os 24 elixidos, divididos nas súas respectivas categorías foron:
Ata 17 anos: Amanda Motos Díaz, Anaís Fernández Fernández, Andrea Sendón Lamas, Andrea Pernas López, Iker Alonso Campos, Nerea Nieto Abal, Ana Ramos Díaz e Luciana Ames Berdejo
Máis de 18 anos: Abrahan González Estévez, Lucía Rodríguez Barbosa, María Salaño Platas, Paula Barrio Rey, Ana Belén Vila Conde, Lucía Rabuñal Vázquez, Lucía García Marcote, José Manuel Fernández Agra, José Antonio García Alonso
Dúos e trios: Mariña Rodeiro Jorge, Daniela Hermo Fernández, Gabriel Hermo Fernández; Emma Sande del Río, Micaela Rodríguez Santiso; Silvia Veiga Alende, Cecilia Pardo Ferreiro
Semifinal e final no mes de agosto
A semifinal será o 3 de agosto, ás 19.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, á que terán acceso as persoas clasificadas na fase de preselección, un máximo de 20 persoas en total, cada unha na categoría que lle corresponda. Só se interpretará unha canción (ou segmento) en idioma galego/castelán ou inglés. A duración do tema determinarase co xurado en cada caso. O xurado escollerá, ese mesmo día, un máximo de 12 seleccionados, tres por categoría, para pasar á final.
A gran final realizarase o 11 de agosto, ás 19.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na fase final as 12 persoas aspirantes interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas; de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo.
Premios
O xurado anunciará o día da final un gañador ou gañadora por categoría. Por cada categoría, aos 4 gañadores ou gañadoras premiaráselle cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas prebadaladas de fin de ano.
Tamén está contemplado un premio económico que vai dende os 500 euros para as categorías de ata 17 anos e máis de 18, ata os 1.000 para a categoría de dúos e tríos.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Seleccionados los 24 aspirantes del Canta con Ames, cuya participación sube un 60%"
La Voz de Galicia: "Estos son los 24 semifinalistas de Canta con Ames IV"