Pestanas principais

>Visita dos Reis Magos

Venres, 5 xaneiro, 2024
A partir das 10:00 horas

O día 5 de xaneiro está previsto que as súas maxestades os Reis Magos visiten as distintas parroquias do Concello de Ames.

Ao longo da mañá Melchor, Gaspar e Baltasar estarán nas once parroquias do concello. Pasarán por Ameixenda e Cruxeiras a partir das 10:00 horas, por Aguapesada ás 10:30h, por Piñeiro e Covas ás 11:00h, por Tapia e Ortoño ás 11:30h, por Lens ás 12:00h, por Agrón e Bugallido ás 12:30h, por Trasmonte ás 13:00h e por Biduído ás 13:30 horas. As visitas contarán coa colaboración da Protección Civil de Ames, que acompañará aos Reis e aos paxes ao longo de todo o seu percorrido.

Multimedia