Pestanas principais

Departamento de Mobilidade

Servizos e programas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade vén de lanzar a campaña informativa sobre a redución da velocidade no interior dos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Baixo o lema “A 30 Ames é máis” preténdese que o concello sexa máis amable, máis divertido, máis saudable e máis noso... Trátase dunha campaña de sensibilización sobre a importancia da velocidade a 30 km/h no interior das zonas urbanas de Ames. Para difundir dita campaña entre a veciñanza elaboráronse carteis, folletos informativos e unhas chapas con refráns e mensaxes motivadoras.
O PMUS pretende sentar as bases dunha nova cultura onde o peón se converta no principal protagonista e se relegue o uso do transporte privado. Este plan concrétase en doce programas de actuación que se van desenvolver entre o 2022 e o 2029. O Plan de Mobilidade Urbana Sostible está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Novas do departamento

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves, 15 de setembro, ás 20.00 horas, a presentación do proxecto de creación de carreiros escolares nos centros urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Dita presentación realízase coincidindo coa celebración da Semana Europea da Mobilidade que se conmemora do 16 ao 22 de setembro. Intervirán no acto a concelleira da unidade executora da EDUSI encargada deste proxecto, Beatriz Martínez, os redactores do proxecto da empresa Sepia Técnicos SL, Ángel e Samuel Folgueral, e mailo alcalde de Ames, Blas García. Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. O proxecto ten un orzamento base de contratación de 411.283 euros. O obxectivo é crear uns carreiros escolares seguros dentro do entorno urbano que melloren a seguridade peonil.

O Concello de Ames celebra por sétimo ano consecutivo a “Semana Europea da Mobilidade”, que nesta ocasión, se está a desenvolver entre os días 19 e 21 de setembro, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa, do transporte público e doutros medios sostibles. Deste xeito, o programa inclúe unha marcha ciclista nocturna, celebrada na xornada de onte, venres 19, e que contou con preto de 350 participantes; un circuíto de educación viaria, xogos en bici e maila primeira edición da Ames Gravel Social Ride que organiza o Club ciclista Ames. Este ano o lema é “Mobilidade para todas as persoas”, cunha campaña que pretende promover o uso de modos de transporte máis sostibles, en particular, o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pé.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que queda prohibido estacionar no aparcadoiro da rúa Alcalde Lorenzo, que esta situado detrás do edificio onde están as oficinas de Urbanismo e da Policía Local, en Bertamiráns, debido aos traballos de pintado que se van a realizar esta semana. Dita prohibición estará vixente dende as 23.30 horas deste luns, 15 de marzo, ata as 20.00 horas do 17 de marzo de 2021. O Concello de Ames está desenvolvendo traballos de pintado das zonas de estacionamento municipais. Previamente, xa se pintaron as prazas de estacionamento do aparcadoiro da rúa Pesqueiras, en Bertamiráns, e proximamente vaise pintar o aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.

A andaina saudable pola Senda Verde que une as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro forma parte das actividades programadas co gallo da III Semana Europea da Mobilidade. Desenvolverase o domingo, día 19 de setembro a partir das 10:00 horas, con saída da igrexa de San Xosé do Milladoiro. Haberá servizo de autobús que partirá de Bertamiráns ás 9:45h e regresará ao remate da actividade. A ruta, de dificultade media- alta, abrangue case 14 quilómetros e está limitada a 50 prazas. A maior parte delas esgotáronse nas primeiras horas, logo de que se anunciase o evento. Para acceder a algunha das prazas que aínda están dispoñibles é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal

Esta mañá retomáronse os controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados, con MMA maior a 30 toneladas, pola N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Ditos controis, que continuarán durante as vindeiras semanas, son realizados pola Garda Civil de Tráfico en colaboración coa Policía Local de Ames. Durante a mañá de hoxe, sancionouse a 7 condutores de camións de máis de 30 toneladas que circulaban pola avenida de Rosalía de Castro.

O Concello de Ames celebrou  por quinta vez consecutiva a “Semana Europea da Mobilidade”, que neste 2023 se levou a cabo entre os días 22 e 24 de setembro por mor da meteoroloxía, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa, do transporte público e doutros medios limpos e intelixentes. Deste xeito, o programa incluíu  andainas, xogos, coloquios, mostras e marchas ciclistas ao longo do fin de semana. Este ano o lema foi “Combina e móvete!” e a temática a eficiencia enerxética. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotos da Semana Europea da Mobilidade 2023.

Hoxe, 22 de setembro, ponse fin á conmemoración da II Semana Europea da Mobilidade en Ames. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou dende o pasado 16 de setembro unha programación específica con motivo de dita conmemoración. O programa comezou coa charla “Querémoste seguro”, dirixida ás persoas maiores de 65 anos. Ademais, realizouse unha marcha ciclista nocturna; actividades e xogos populares en bici; e unha andaina pola senda O Milladoiro – Bertamiráns. Ademais, no marco do fomento da mobilidade sen emisións, presentouse a campaña “A 30 Ames é máis! Trátase dunha campaña de sensibilización sobre a importancia da velocidade a 30 km/h no interior das zonas urbanas de Ames.

O Concello de Ames saca a concurso a elaboración dun plan de mobilidade integral municipal sostible que servirá de guía para levar a cabo actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade a realizar no futuro neste municipio. O presuposto base de licitación é de 89.999,80 euros, I.V.E incluído. O contrato forma parte do “Programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público”, da estratexia DUSI Impulsa Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que este sábado 20 e o domingo 21 de xuño vólvese a cortar o tráfico en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro co obxectivo de favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta medida, coa que se pretende que a veciñanza de Ames merque no comercio miúdo local, desenvolverase dende o sábado, ás 16:00 horas, ata o domingo, ás 23:00 horas. Nas rúas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. Esta iniciativa realizarase durante todas as fin de semanas do mes de xuño.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que este sábado 6 e o domingo 7 de xuño vólvese a cortar o tráfico en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro co obxectivo de favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta medida, coa que se pretende que a veciñanza de Ames merque no comercio miúdo local, desenvolverase dende o sábado, ás 16:00 horas, ata o domingo, ás 23:00 horas. Nas rúas que se corta o tráfico, os vehículos poderán igualmente entrar e saír dos garaxes. Esta iniciativa realizarase durante todas as fin de semanas do mes de xuño.

Eventos del departamento

Amarcha nocturna sairá ás 22:00 horas da Praza do Concello. Serán 8 km con boa iluminación e un traxecto sinxelo pensado para que poida participar toda a familia. É necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.

Desenvolverase na Praza de Chavián en Bertamiráns  e é unha actividade destinada aos rapaces e rapazas de máis de 10 anos.

Dentro da "Semana Europea da Mobilidade", o Concello de Ames organiza o venres 20 de setembro a VI Marcha Ciclista Nocturna. Farase un percorrido con boa iluminación e fácil percorrido, pensado para que nela poida participar toda a familia. A marcha sairá da Praza do Concello, en Bertamiráns.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.